Arquivo da etiqueta: XL

“Os gaiteiros de Soutelo e Cachafeiro son referentes da música galega”

O pasado sábado 24 de agosto celebrouse en Soutelo de Montes (Forcarei) a “XL Festa do gaiteiro de Soutelo“. Nesta ocasión tiven a sorte de poder participar poñendo música ao pregón de Carme Hermida. Uns días antes, o día 22 de agosto, a prensa Faro de Vigo publicaba unha pequena entrevista co gallo dese día.

Entrevista

XL Festa do gaiteiro de Soutelo

Asociación Socio-Cultural Can de San Roque presenta o programa da “XL Festa do gaiteiro de Soutelo” que terá lugar o 24 de Agosto de 2019 en Soutelo de Montes (Forcarei).

Este ano celébrase o 50 aniversario da edición do libro de Avelino Cachafeiro “Voando cas aas da vida”.

Programación para ese día:


Organiza: Asociación Socio-Cultural Can de San Roque
Colaboran: Deputación de Pontevedra | Xunta de Galicia – Dinamización Lingüística e Concello de Forcarei