Danza das espadas – Baiona 2017

Pola tese doutoral do profesor Xabier Groba sabemos que Don Herminio Ramos escribe en xaneiro de 1921 a Casto Sampedro unha carta remitida a Pontevedra polo doutor Don José Viaño. Adxunto a ela, unha postal coa danza das Espadas de Baiona e, o máis importante, unha vella música que anota “es la más antigua que se conoce en esta villa”. Indica tamén que, “no se conocen en esta villa más danzas que las espadas, y esto gracias a un patrón antiguo que las aprendió de muchacho a su padre y las VOLVIÓ A RESUCITAR EN EL AÑO 1870 si no se hubiesen perdido”. Aquela música, en palabras de Don Herminio “amenizada por cuatro gaitas” foi a introducida maxistralmente polo amigo Rubén Troitiño ao inicio deste vídeo baixo a interpretación do grupo Abóbriga.

Anxo Rodríguez Lemos
Graduado en Historia pola Universidad de Santiago de Compostela

Danza das espadas
Unha imaxe da danza de espadas a principios do século XX | Anxo Rdguez. Lemos

Quempallou

VOLTAR ATRÁS

quempalloulogoQuempallou apareceu na escena musical galega cun proxecto folk que pretende desenvolver os ritmos tradicionais galegos tentando conservar a súa frescura orixinal. Os integrantes de Quempallou, nativos seis deles de Bueu e dous do Incio, teñen dado numerosos concertos en Galicia e Portugal entre os que cómpre salientar algúns no país coma a II Festa Folk de Vilariño (O Hío, Cangas do Morrazo), a Festa do Marisco do Grove, ou o festival organizado pola Amelga (Asociación de Músic@s en Lingua Galega) na compostelá Praza da Quintana a prol da lingua; así coma outros por terras portuguesas, coma a I Xuntança de Gaiteiros de Pinhal Novo, ou o II Festival de Música Tradicional de Macedo de Cavaleiros.

No Outono do 2000 gravaron a súa primeira maqueta, a cal lles permitiría clasificarse para a final do II Certame para Grupos Folk Noveis Radio Obradoiro. Esta final celebrouse o 26 de xaneiro do 2001 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), tendo como xurado a figuras tan importantes do folk na Galiza coma Anxo G. Pintos (Berrogüetto), Uxía Pedreira (ex-Chouteira), ou Óscar F. Sanjurjo (Os Cempés), os cales declararon por unanimidade a Quempallou gañadores do debandito certame. Así mesmo, acadan o 2º premio na final do II Concurso de Música Folk Cuartu los Valles celebrado o pasado 28 de xullo en Navelgas, Tinéu (Asturies), no cal participaron grupos de todo o estado español e Portugal.

Outro punto fundamental da súa música é buscar un estilo moi bailábel para goce tanto dos propios músicos coma do público, sexa da idade que sexa. Deste xeito, Quempallou pódese gabar de facer dos seus concertos unha festa rachada, entre pasodobres, rumbas, muiñeiras, polcas etc. O seu instrumental é fundamentalmente tradicional, só abandonado cando o consideran preciso por algún que outro instrumento alleo, como poden ser o mandocello (buzuki), o piano ou as frautas de bico.

O 25 de outubro de 2016 comunican a través da rede social Facebook a súa disolución despois de 18 anos en activo e 4 traballos orixinais.


Festa da Chuvia (Rianxo) – 2016


Festival do Río Castro – 2016

La Voz de Galicia:

Festival do Río Castro cumpre nada menos que 23 anos. Naceu cun espírito reivindicativo, en defensa da canle fluvial, e mantén a forza da música e a diversión. A Asociación Veciñal O Castelo de Naraío organiza o encontro que se desenvolverá hoxe ao pé do río e da ponte románica dos Andrade. As actividades programadas, con alternativas destinadas a todo tipo de públicos, comezarán ás 15 horas con diversas propostas lúdicas, da man da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Grandes e pequenos poderán practicar cos peóns, as ras ou os zancos, logo do xantar deste sábado.

A noite é para moitos o máis esperado do Festival do Río Castro. Os concertos botarán a andar ás 22.30 horas no recinto festivo. O grupo de música e baile participativo Pesdelán será o primeiro en saír ao escenario. A seguinte quenda será para a formación viguesa de música tradicional Zurrumalla; logo chegará a actuación de Os Cuchufelhos e Quempallou, «dous dos grupos máis potentes do folk galego», como destacan os organizadores.