Arquivo da etiqueta: tradicional

VI Festival de música tradicional – 25 aniversario

O vindeiro sábado 19 de outubro a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo festexará o 25 aniversario do seu grupo de gaitas celebrando o VI Festival de música tradicional de Cerdedo ás 20:00h no Centro Cultural de Cerdedo.

VI Festival - 25 aniversario

Os grupos presentes este ano son:

Presentará o acto Malores Villanueva.

Entrada de balde ata completar aforo.

Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Colaboran: Concello de Cerdedo-Cotobade e Deputación Pontevedra

Soutelo de Montes acoge el sábado 27 una Xuntanza de Música Tradicional – Faro de Vigo

Incluirá cuatro actuaciones y una ruada abierta

Silvia Pampín 15.10.2018 | 22:19

FdV.jpeg
Os Abrentes de Cerdedo, en una actuación anterior. // Bernabé / Luismy

Soutelo de Montes acogerá el sábado 27 de octubre una Xuntanza de Música Tradicional que contará con la participación inicial de cuatro agrupaciones musicales y que, tras su actuación, abrirá una “ruada” de participación libre.

Seguir lendo Soutelo de Montes acoge el sábado 27 una Xuntanza de Música Tradicional – Faro de Vigo

Xuntanza de música tradicional – Soutelo de Montes

O vindeiro sábado 27 de outubro ás 19:00h celebrarase no CEIP Soutelo de Montes (Forcarei) unha xuntanza de música tradicional e posterior ruada de acceso libre. Os grupos participantes nesta xuntanza son os seguintes:

Seguir lendo Xuntanza de música tradicional – Soutelo de Montes

Maqueta Os Abrentes

Portada 2.jpg

Despois de 23 anos de andaina, o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo pisa un estudio de gravación paradeixar recollida de forma dixital unhas pezas do seu repertorio. Publícanse en internet cinco temas, onde tres deles foron gravados neste ano 2017 en Vigo. Con esta gravación, o grupo de gaitas intenta amosar o seu traballo buscando a maior naturalidade nunha gravación realizada nunha tarde de sábado para amosar a súa frescura e espontaneidade.

Seguir lendo Maqueta Os Abrentes

XVI Xornadas culturais – ACF O Fiadeiro

Sábado 23 de setembro, co seguinte programa:

  • 17:30 – Pasarrúas pola peatonal do Calvario
  • 18:15 – Taller de iniciación de baile tradicional, pandeireta e percusión para nenos
  • 19:00 – Taller de inciación de baile tradicional, pandeireta e percusión para adultos

Xornadas.jpg

Para os talleres de pandeireta e percusión procura traer o teu instrumento. Remataremos con baile e música na rúa todos xuntos mostrando o aprendido nos talleres.


Máis información:

fiadeiro@ofiadeiro.com
986253585/629585355
Rúa Xesús Fernández, 3 Baixo
36205 – Vigo (Pontevedra)

IV Festival de música tradicional de Cerdedo

“IV Festival de música tradicional de Cerdedo” organizado pola Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo e programado para o sábado 27 de maio no Centro Cultural de Cerdedo ás 20:30h.

Cartel - IV Festival de Música Tradicional de Cerdedo

Grupos participantes:

  • A. C. Foula de Cotobade
  • Pandereteiras Tremelique (O Rosal)
  • Os Muiñeiros do Sarela
  • Airiños da Fracha
  • A. C. Os Abrentes de Cerdedo

Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Colaboran: Concello de Cerdedo-Cotobade e Deputación de Pontevedra

Para máis información do que foron os anteriores festivais:
www.osabrentesdecerdedo.com