Arquivo da etiqueta: Ton e Son Editorial

A viaxe de José do Campo

Temos o pracer de anunciarvos a emocionante estrea de A VIAXE DE JOSÉ DO CAMPO, unha historia musical dende O Courel ata Nova Orleáns…

José

Esta viaxe é o resultado do traballo do curso de 3º de Interpretación Xestual da ESAD de Vigo xunto ca A.C.F. O Fiadeiro, un traballo de meses que mestura interpretación e músicas e bailes tradicionais.

Este esforzo creativo, que está baseado no libro-disco homónimo editado por Ton e Son Editorial co Fiadeiro e creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo no ano 2015, por fin dará os seus froitos o vindeiro venres 24 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, na praza do Rei.

As entradas son a 4 euros e poderán ser mercadas en venta anticipada no local de O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo, Vigo) ou na propia taquilla do Auditorio o mesmo día.

Vai ser unha estrea emocionante, vai ser unha viaxe incrible…

Advertisements

Dúas novas publicacións de Ton e Son Editorial

Novas publicacións! Outras dúas saen do forno… Ton e Son Editorial apostando polas nosas músicas.

A partir de hoxe xa podedes encargar as novidades deste ano a través da páxina web de Ton e Son Editorial da colección “20 pezas para gaita galega”: www.toneson.com

Seguir lendo Dúas novas publicacións de Ton e Son Editorial

Manual ególatra básico – Cristian Silva

Cristian Silva, músico sobradamente coñecido no múndo da música tradicional, presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega (+1), compostas e gravadas polo propio gaiteiro carrilense. Ton e Son Editorial dalle forma a esta publicación en formato libro/CD, tercceira da colección. Están incluídas as transcricións das pezas para dúo, tío de gaitas e solista. Moitas delas inclúen os cifrados para ser acompañadas con outro tipo de instrumentación.

Seguir lendo Manual ególatra básico – Cristian Silva

Tradicionalmente – Carlos Estévez

carlos-estevez

Carlos Estévez presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega, compostas e gravadas polo propio gaiteiro vigués.

Ton e Son Editorial e ChisPún! Estudio produciron esta nova publicación en formato libro/CD, incluíndo transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista. No CD podemos atopar unha selección de 12 temas, dos 20 que presenta o libro, gravados íntegramente por Carlos Estévez.

A viaxe de Jose do Campo – ACF O Fiadeiro

“Unha historia musical dende o Courel ata Nova Orleans”

Conto orixinal en formato libro/CD, que narra a fabulosa viaxe do noso querido protagonista José, un rapaz do Courel que, motivado polo seu afán de coñecer novas músicas, decide improvisar a súa propia viaxe.

O disco inclúe 15 pistas de audio interpretadas polo grupo de música de O Fiadeiro así como a narración do propio conto, na última pista do CD.

Seguir lendo A viaxe de Jose do Campo – ACF O Fiadeiro

Karaoke Popular

Nova recompilación de temas en formato DVD. Un novo modelo de compartir música popular que, de seguro, vos proporcionará divertidos e agradables momentos para cantar, escoitar e bailar entre amigos e familia. O funcionamento é moi simple, xa que só terás que introducir o disco no teu reprodutor DVD e poñerte a cantar, sen necesidade de micrófonos, nin reprodutores especiais.

O karaoke non só é unha ferramenta de traballo ou un recurso didáctico. Tamén é un xogo que se adapta perfectamente ás nosas vidas. Unha forma divertida de aprender e compartir música sen ter en conta a nosa idade.

Seguir lendo Karaoke Popular