Arquivo da etiqueta: Rodríguez

Danza das espadas – Baiona 2017

Pola tese doutoral do profesor Xabier Groba sabemos que Don Herminio Ramos escribe en xaneiro de 1921 a Casto Sampedro unha carta remitida a Pontevedra polo doutor Don José Viaño. Adxunto a ela, unha postal coa danza das Espadas de Baiona e, o máis importante, unha vella música que anota “es la más antigua que se conoce en esta villa”. Indica tamén que, “no se conocen en esta villa más danzas que las espadas, y esto gracias a un patrón antiguo que las aprendió de muchacho a su padre y las VOLVIÓ A RESUCITAR EN EL AÑO 1870 si no se hubiesen perdido”. Aquela música, en palabras de Don Herminio “amenizada por cuatro gaitas” foi a introducida maxistralmente polo amigo Rubén Troitiño ao inicio deste vídeo baixo a interpretación do grupo Abóbriga.

Anxo Rodríguez Lemos
Graduado en Historia pola Universidad de Santiago de Compostela

Danza das espadas
Unha imaxe da danza de espadas a principios do século XX | Anxo Rdguez. Lemos