Recordos! Con Quempallou no “III Festival Nordestía” en Cervo (2016).
Etiqueta: Quempallou

GalicianTunes – Quempallou
GalicianTunes – Grupo da semana: Quempallou!
Esta semana quedamos nas Rías Baixas para homenaxear a traxectoria profesional dunha das bandas máis representativas do folk galego, Quempallou. Logo de dezaoito anos de carrerira musical, sete discos no mercado e incontables actuacións, o grupo anunciou “o remate dunha cumprida xeira”. Fundada en 1999 por dous compañeiros da Escola de Maxisterio de Pontevedra, por Quempallou pasaron distintos integrantes ata acadar a derradeira formación por Roi Maceda (acordeón), Guillerme Ignacio (gaita, frauta e voz), Isaac Millán (bouzouki e guitarra), Roi Adrio (percusión) e Rubén Troitiño (gaita e clarinete). Celebraremos a súa música, melodías características que reflicten a súa constante evolución musical sen olvidarse da tradición musical da súa terra, e os celebraremos a eles. E, como non podía ser doutro xeito, comezamos con “lume ”!Ler máis »

Folk in Trio falará de Quempallou!
No día de hoxe o programa de radio Folk in Trío de Cuac FM repasará a traxectoria musical do grupo Quempallou a partir das 16h.
Cuac FM – A Coruña (103.4 FM) ou Radio Online.Ler máis »

Quempallou despídese!
Compañeiros e compañeiras.
Xa di a copla que o que primeiro comeza primeiro ha de acabar-e, e así queremos hoxe comunicarvos o remate da cumprida xeira dos Quempallou. Logo de dezaoito veráns cheíños de concertos, de catro traballos orixinais e algúns outros extras, aproveitamos o remate desta campaña 2016 para dar por finalizada a nosa actividade. Marchamos ben contentos co traballo feito e compartido con tanta e tanta xente ao longo de tanto tempo. Só nos resta agradecervos fondamente o terdes estado aí nestes anos, compartindo con nós tantas músicas, bailes e berros de ledicia e rebeldía polo que é de tod@s.
Lume sempre
Quempallou
Quempallou na ruta!
Novas datas confirmadas. Tomade nota!