Arquivo da etiqueta: Quarteirón

QUARTEIRÓN 2 NA RADIO!

lume-na-palleira-quempallou

O pasado domingo 22 de maio fíxose a presentación do “Quiarteirón 2” no programa “Lume na palleira” presentado por Emilio Españadero na sintonía de Ragio Galega Música. Ademáis disto, tamén se falou dos próximos concertos así coma da nova páxina web que verá a luz nos vindeiros meses.

Advertisements

Quarteirón 2 – Quempallou

quarteiron-2

A segunda entrega, dispoñible dende o pasado once de marzo, conta cos temas “E ti que tes?”, “Muiñeira do gaiteiro” e “Pateado da Paínza e do Verdexo”. “E ti que tes?”, tema central desta entrega, é un ritmo de pasodobre misturado cunha parte cantada de composición propia na que se recollen algunhas coplas tradicionais que teñen en común a crítica a aquelas persoas que fachendean do que teñen.

Quarteirón I e Quarteirón II xa estás dispoñibles nas principais plataformas dixitais de streaming ou descarga, como iTunes, Spotify, Deezer, Amazon, Google Play.

1. E Ti que Tes?
2. Muiñeira do Gaiteiro
3. Pateados da Paínza e do Verdexo