Arquivo da etiqueta: Publicación

A viaxe de Jose do Campo – ACF O Fiadeiro

“Unha historia musical dende o Courel ata Nova Orleans”

Conto orixinal en formato libro/CD, que narra a fabulosa viaxe do noso querido protagonista José, un rapaz do Courel que, motivado polo seu afán de coñecer novas músicas, decide improvisar a súa propia viaxe.

O disco inclúe 15 pistas de audio interpretadas polo grupo de música de O Fiadeiro así como a narración do propio conto, na última pista do CD.

Seguir lendo A viaxe de Jose do Campo – ACF O Fiadeiro

Advertisements

Karaoke Popular

Nova recompilación de temas en formato DVD. Un novo modelo de compartir música popular que, de seguro, vos proporcionará divertidos e agradables momentos para cantar, escoitar e bailar entre amigos e familia. O funcionamento é moi simple, xa que só terás que introducir o disco no teu reprodutor DVD e poñerte a cantar, sen necesidade de micrófonos, nin reprodutores especiais.

O karaoke non só é unha ferramenta de traballo ou un recurso didáctico. Tamén é un xogo que se adapta perfectamente ás nosas vidas. Unha forma divertida de aprender e compartir música sen ter en conta a nosa idade.

Seguir lendo Karaoke Popular

As bandas de música de Cerdedo

as-bandas-de-musica-de-cerdedo

As bandas de música marcaron un século enteiro da vida sociocultural de Cerdedo. No período que abrangue a segunda metade do século XIX e a primeira metade do XX funcionaron nesta vila alomenos catro bandas de música, ás veces de xeito simultáneo. Ademais, os músicos de Cerdedo mesmo fundaron bandas en outras localidades, coma Campo Lameiro ou A Cañiza. A pesares dunha historia musical tan prolífica, as referencias bibliográficas ao respecto son tan escasas que poden ser consideradas como anecdóticas. O libro “As Bandas de Música de Cerdedo” ven a encher este baleiro. Dende a “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo”, pensamos que xa vai sendo hora de que Cerdedo comece a recoñecer que ten atrás unha historia musical impresionante. Unha historia que, a piques de ser esquecida, nunca tivo recoñecemento público dabondo. “As Bandas de Música de Cerdedo”, que verá a luz nos vindeiros meses, é o resultado de máis de cinco anos de pescudas levadas a cabo por tres compoñentes do grupo de gaiteiros “Os Abrentes de Cerdedo”.

Seguir lendo As bandas de música de Cerdedo