Arquivo da etiqueta: poemas

“XL Festa do gaiteiro de Soutelo”

O pasado sábado 24 de agosto celebrouse en Soutelo de Montes (Forcarei) a “XL Festa do gaiteiro de Soutelo” na honra a Avelino Cachafeiro. Foi para min un pracer poder poñer música neste ano ao pregón realizado por Carme Hermida interpretando dúas pezas, a primeira delas foi a “Alborada de Rosalía de Castro” e a segunda unha pequena obra que fixen cun dos poemas de Avelino Cachafeiro do seu libro “Voando cas aas da vida”, xa que neste ano celebouse o 50 aniversario da súa publicación, que leva por título “Canta a neniña pastora” (título orixinal do poema).

Dende aquí quería agradecer a Asociación Socio-Cultural Can de San Roque por contar comigo. Aos meus compañeiros Miguel GonzálezSantiago BernárdezMariña RíoNoelia RatelYoli A. CeideDiego CabaleiroManuel Rodríguez e Ramón Pazos por acompañarme neste día. E por último ao músico Juan Bautista Alberte por tocar con nós, un verdadeiro luxo.

📸 Fotografías de Enya Casal -Fotografía-

Grazas a todas e a todos vós!

▪️ “Alborada de Rosalía de Castro” – Rubén Troitiño (gaita), Santiago Bernárdez (tambor) e Noelia Ratel (bombo).
▪️ “Canta a neniña pastora” – Rubén Troitiño e Miguel González Diz (gaitas), Santiago Bernárdez (tambor), Juan Bautista Alberte (bombo), Noelia Ratel, Mariña Río, Yoli A. Ceide, Ramón Pazos, Diego Cabaleiro e Manuel Rodríguez (voces).