Arquivo da etiqueta: O Fiadeiro

Curso de iniciación á gravación

Este curso vai dedicado a toda a xente interesada en iniciarse no mundo da gravación. Ademais de dar a coñecer a configuración dun home studio e o uso básico do programa de audio, unha das propostas que se fai é que todo aquel que estea apuntado e sexa músico se lle mostrará como microfonear o seu instrumento e cómo gravalo.

INSCRICIÓN

Prezo socios: 30€ || Prezo non socios: 35€

Data límite e lugar de inscrición e realización do curso: Mércores 17 de xuño.

ACF O Fiadeiro (Rúa Xesús Fernández, nº 3, Baixo)

Preinscrición: no 629 585 355 / 986 253 585 Mail: ofiadeiro@ofiadeiro.com

Advertisements

A viaxe de Jose do Campo – ACF O Fiadeiro

“Unha historia musical dende o Courel ata Nova Orleans”

Conto orixinal en formato libro/CD, que narra a fabulosa viaxe do noso querido protagonista José, un rapaz do Courel que, motivado polo seu afán de coñecer novas músicas, decide improvisar a súa propia viaxe.

O disco inclúe 15 pistas de audio interpretadas polo grupo de música de O Fiadeiro así como a narración do propio conto, na última pista do CD.

Seguir lendo A viaxe de Jose do Campo – ACF O Fiadeiro

XV Serán da ACF O Fiadeiro

O vindeiro sábado 28 de xuño celebrarase o acto de fin de curso da escola da A.C.F. O Fiadeiro e pola noite un serán. A continuación móstranse os horarios:

  • 18.00: Acto fin de curso da escola O Fiadeiro 2013/14 coa Intervención de tódolos grupos da escola. Ademáis, farase unha pequena foliada infantil o remate do acto.
  • 21.30: Serán Abrirán o acto @s pandereteir@s e a charanga da agrupación O Fiadeiro

Lugar: AVV de Santa Mariña de Cabral (Avda de Santa Mariña Nº95 – Cabral).

Todos os interesados en participar so tendes que anotarvos nunha lista que xa estamos confeccionando ou o propio día do serán. Contacto: 629 585 355