Arquivo da etiqueta: O Fiadeiro

Fin de curso e Serán – O Fiadeiro

FDC.jpg

O vindeiro sábado 1 de xullo celebrarase o acto de fin de curso da escola da A.C.F. O Fiadeiro e pola noite un serán. A continuación móstranse os horarios:

  • 18.00 – Acto fin de curso da escola O Fiadeiro 2016/17 coa intervención de tódolos grupos da escola
  • 21.30 – Serán

Lugar: AVV de Santa Mariña de Cabral (Avda de Santa Mariña Nº95 – Cabral).

Todos os interesados en participar so tendes que anotarvos nunha lista que xa estamos confeccionando ou o propio día do serán. Contacto: 629 585 355

Serán do Samaín – ACF O Fiadeiro

seran.jpg

O vindeiro luns día 31 de outubro ás 19 horas realizarase o Serán do Samaín fronte ao Mercado Municipal do Calvario. Asistirán os grupos: Algarabía Folk, Lagharteiras e O Fiadeiro. Ademáis, despois destas actuacións poderase participar de forma aberta.

Haberá chocolate para todos os asistentes.

Para máis información: ofiadeiro@ofiadeiro.com


Conta Rafael Pérez Loureiro, mestre de Cedeira e un dos impulsores da recuperación da tradición galega de celebrar no 31 de outubro o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os seus familiares vivos, que, fai desto uns vinte anos, un día chegoulle a casa a súa filla cativa cun “melón” (como lle chaman en Cedeira as cabazas) que lle dera a profesora de inglés para tallar nela unha caveira e celebrares deste xeito o Halloween. Seguir lendo Serán do Samaín – ACF O Fiadeiro

Escola da ACF O Fiadeiro 2016/17

Xa está aberto o prazo de matrícula para a Escola da ACF O Fiadeiro de Vigo.

Dende 1998 están a funcionar as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade primordial no que se refire á difusión da cultura tradicional e como un importante nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.

O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada.

Seguir lendo Escola da ACF O Fiadeiro 2016/17

III Premios Martín Códax

Martin Codax.jpg

O pasado xoves 7 de abril comunicaron os finalistas dos III Premios Martín Códax onde O Fiadeiro, xunto con Davide Salvado e Xabier Díaz son os finalistas na categoría de música tradicional. É unha honra poder estar dentro dun colectivo como é O Fiadeiro, ademáis de poder participar tanto nos directos (músico) coma nas gravacións das súas publicacións (técnico de son).

Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó

Campaño.png

O pasado sábado 19 de decembro na ACF O Fiadeiro tivo lugar a presentación da colección de libros Chave Mestra con especial atención ao último número sobre Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó.

Neste acto estiveron presentes Ramón Pinheiro Almuinha, director artístico d’aCentral Folque e coordinador da edición; o musicólogo Xavier Groba; e Óscar Ibáñez, coautor do libro sobre Tilve.Nesta presentación tiven a honra de poder acompañar a Óscar Ibáñez co tambor que interpretou algúns temas coa gaita orixinal de Manuel Villanueva, unha xoia organolóxica do século XIX, gaita tombal que pertenceu ao propio Xoán Tilve. Seguir lendo Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó

Escola da ACF O Fiadeiro 2015/16

Logo-color.png

Xa está aberto o prazo de matrícula para a Escola da ACF O Fiadeiro de Vigo.

Dende 1998 están a funcionar as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade primordial no que se refire á difusión da cultura tradicional e como un importante nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.

O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada.

Seguir lendo Escola da ACF O Fiadeiro 2015/16