Arquivo da etiqueta: O Fiadeiro

Fin de Curso e Serán de O Fiadeiro 2019

Data e hora: 2019-07-15 a las 18:30 e 21:30 h na AVCD Santa Mariña de Cabral, Av. Sta. Mariña, 95, 36318 Vigo, Pontevedra

Serán-19-500.jpg

O Fiadeiro despide o curso cunha tarde de espectáculos e noite de festa tradicional

O sábado 15 de Xuño os alumnos e alumnas da Escola da A.C.F. O Fiadeiro darán mostra de todo o aprendido durante o curso. Será ás 18:30 horas no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (avda. Sta. Mariña nº 95) no acto actuarán os diferentes grupos da escola: baile moderno, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión entre outros.

Seguir lendo Fin de Curso e Serán de O Fiadeiro 2019

Advertisements

A viaxe de José do Campo

Temos o pracer de anunciarvos a emocionante estrea de A VIAXE DE JOSÉ DO CAMPO, unha historia musical dende O Courel ata Nova Orleáns…

José

Esta viaxe é o resultado do traballo do curso de 3º de Interpretación Xestual da ESAD de Vigo xunto ca A.C.F. O Fiadeiro, un traballo de meses que mestura interpretación e músicas e bailes tradicionais.

Este esforzo creativo, que está baseado no libro-disco homónimo editado por Ton e Son Editorial co Fiadeiro e creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo no ano 2015, por fin dará os seus froitos o vindeiro venres 24 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, na praza do Rei.

As entradas son a 4 euros e poderán ser mercadas en venta anticipada no local de O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo, Vigo) ou na propia taquilla do Auditorio o mesmo día.

Vai ser unha estrea emocionante, vai ser unha viaxe incrible…

O Fiadeiro na reconquista de Vigo ’19

Xa non queda nada. Nunha semana xa está aquí a nosa e esperada festa… A RECONQUISTA DA VILA DE VIGO!!!

Ide preparando o que precisedes xa que a lista é longa: roupas da época, puntos de baile, cantigas, gorxas, pés, máns…

Nós no Fiadeiro, xa estamos preparadas. Temos a taberna limpa, cunha nova man de pintura, e os pipotes cheos de cervexa e de viño. Xa temos as tortillas e os ‘chouripáns’. Xa temos empanadas e bicas. Todo é pouco para botalos!

Seguir lendo O Fiadeiro na reconquista de Vigo ’19

Serán O Fiadeiro ’19

A A. C. F. O Fiadeiro convida a todos os seus amigos e seguidores, outro ano máis, ó noso serán.

seran

Celebrarase no salón de actos da AA.VV. Santa Mariña de Cabral o sábado 26 de xaneiro a partir das 22:30 horas. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. E xa ben entrada a noite, ofreceremos chocolate ben quente para todos os asistentes.

Abrirán o serán os grupos da asociación e a continuación agardamos por todas aquelas agrupacións e músicos que veñan dispostos a continuar a festa.

Seguir lendo Serán O Fiadeiro ’19

Escola O Fiadeiro – 2018/19

Cursos Matriculación Horarios Calendario

Escola.jpg

Dende 1998 están a funcionar as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade primordial no que se refire á difusión da cultura tradicional e como un importante nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.

O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada.

Seguir lendo Escola O Fiadeiro – 2018/19

Serán’01 – Cidade da Cultura

Os pasados días 8, 9 e 10 de xuño celebrouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o Serán’01 – I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional.

Entre outros grupos, participou a ACF O Fiadeiro: Orquestra O Fiadeiro, Pandereteiras e Pandereteiros de O Fiadeiro, grupo de baile…

Seguir lendo Serán’01 – Cidade da Cultura