GalicianTunes – Quempallou

quempalloutnes

GalicianTunes – Grupo da semana: Quempallou!

Esta semana quedamos nas Rías Baixas para homenaxear a traxectoria profesional dunha das bandas máis representativas do folk galego, Quempallou. Logo de dezaoito anos de carrerira musical, sete discos no mercado e incontables actuacións, o grupo anunciou “o remate dunha cumprida xeira”. Fundada en 1999 por dous compañeiros da Escola de Maxisterio de Pontevedra, por Quempallou pasaron distintos integrantes ata acadar a derradeira formación por Roi Maceda (acordeón), Guillerme Ignacio (gaita, frauta e voz), Isaac Millán (bouzouki e guitarra), Roi Adrio (percusión) e Rubén Troitiño (gaita e clarinete). Celebraremos a súa música, melodías características que reflicten a súa constante evolución musical sen olvidarse da tradición musical da súa terra, e os celebraremos a eles. E, como non podía ser doutro xeito, comezamos con “lume ”!Ler máis »

Nova páxina web!

Captura de pantalla 2016-10-24 a las 12.55.15.png

Moi boas,

dende hoxe está en marcha a nova páxina web: www.rubentroitino.com

Neste portal web poderedes introducir a vosa dirección de correo electrónico para seguir esta páxina e recibir as notificacións das novas publicacións no teu buzón de correo electrónico.

Tamén destacar que dende aquí vos podedes poñer en contacto directo mediante o formulario de contacto, deixar os vosos comentarios e compartir as entradas e diferentes seccións en: Facebook, Twitter, Correo electrónico, Whatsapp, Linkedin, Skype, WordPress, Google Plus e imprimir toda a información directamente.

Un saúdo.

Karaoke Popular

Nova recompilación de temas en formato DVD. Un novo modelo de compartir música popular que, de seguro, vos proporcionará divertidos e agradables momentos para cantar, escoitar e bailar entre amigos e familia. O funcionamento é moi simple, xa que só terás que introducir o disco no teu reprodutor DVD e poñerte a cantar, sen necesidade de micrófonos, nin reprodutores especiais.

O karaoke non só é unha ferramenta de traballo ou un recurso didáctico. Tamén é un xogo que se adapta perfectamente ás nosas vidas. Unha forma divertida de aprender e compartir música sen ter en conta a nosa idade.

Ler máis »