Arquivo da etiqueta: Música

Vivaldi: “Gloria” – Vigo

ORQUESTRA VIGO 430
TEMPADA 2018-2019 CONCERTO 4

25 xaneiro, 2019 – 20:30H
Teatro Afundación Vigo

Vivaldi: “Gloria”.

No cuarto concerto desta tempada teremos a oportunidade de escoitar unha das grandes obras corales do repertorio barroco como é o “Gloria” de Vivaldi.

Contaremos ademáis co Coro de Cámara Rías Baixas, con solistas da talla da soprano Eugenia Boix, o contratenor Gabriel Díaz e unha das figuras máis destacadas do violín dentro do panorama historicista, Lina Tur Bonet, que exercerá como solista ademáis de como directora. E como sempre que abordamos este repertorio, o facemos tamén coa orquestra especializada e con instrumentos orixinais.

Mercar entradas: ataquilla.com

Seguir lendo Vivaldi: “Gloria” – Vigo

Advertisements

Soutelo de Montes acoge el sábado 27 una Xuntanza de Música Tradicional – Faro de Vigo

Incluirá cuatro actuaciones y una ruada abierta

Silvia Pampín 15.10.2018 | 22:19

FdV.jpeg
Os Abrentes de Cerdedo, en una actuación anterior. // Bernabé / Luismy

Soutelo de Montes acogerá el sábado 27 de octubre una Xuntanza de Música Tradicional que contará con la participación inicial de cuatro agrupaciones musicales y que, tras su actuación, abrirá una “ruada” de participación libre.

Seguir lendo Soutelo de Montes acoge el sábado 27 una Xuntanza de Música Tradicional – Faro de Vigo

Xuntanza de música tradicional – Soutelo de Montes

O vindeiro sábado 27 de outubro ás 19:00h celebrarase no CEIP Soutelo de Montes (Forcarei) unha xuntanza de música tradicional e posterior ruada de acceso libre. Os grupos participantes nesta xuntanza son os seguintes:

Seguir lendo Xuntanza de música tradicional – Soutelo de Montes

Homenaxe ás bandas de música de Cerdedo

O día 27 de novembro (2010) ás 19:30 celebrouse a presentación do libro “As bandas de música de Cerdedo” do autor Manuel Campos Toimil (colaboran Xosé Luís Troitiño e Rubén Troitiño) no Centro Cultural de Cerdedo (Auditorio). A este acto sumáronse unhas 120 persoas que se achegaron ao auditorio municipal.

presentaciocc81n-do-libro-as-bandas-de-mucc81sica-de-cerdedo4.png
Fotografía: Rubén Troitiño

A presentación abriuse coas palabras do presentador do acto, Roberto Vázquez e foi seguido dun video explicativo sobre o libro. O autor, Manuel Campos, falounos da súa estructura e fíxonos un pequeno esquema de tódalas bandas de música que existiron en Cerdedo. Tamén se sumaron a esta presentación algún dos músicos daquelas bandas coma Julio Durán, Pepe Varela, Pepe Iglesias, Nicolas García e Eduardo Troitiño os cales contaron en primeira persoa algunhas das vivencias daqueles tempos. Foron entregados exemplares dos libros a estos músicos por ser os informantes principais para a elaboración deste traballo. Tamén foron entregados o libro “As bandas de música de Cerdedo” a: Representante da Banda de música Unión de Campolameiro (entrega Manuel Campos) e ao “Concello de Cerdedo” (entrega Rubén Troitiño, Presidente da “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo” e recolle o Sr. Alcalde-Presidente da Corporación Municipal de Cerdedo D. Silvestre José Balseiros Guinarte).

Esta presentación rematou coa actuación da Banda Unión Cultural de Campolameiro.

O pasado sábado 28 de abril celebrouse o “III Festival de Bandas de Música de Cerdedo) organizado pola Escola De Música de Cerdedo, onde participou tamén a Banda Unión Cultural de Campolameiro ao que asistiron algúns dos músicos daquelas bandas: Eduardo Troitiño Varela, Jaime Barros Gondariz, Julio Durán Sieiro, Ramón Ricoy Mosquera e Nicolás García Fortes.

DSC_0145.jpg
Fotografía: Rubén Troitiño

A A. C. Os Abrentes de Cerdedo na CRTVG

Participación da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo en varios programas da Radio/Televisión de Galicia: Luar (TVG), Aquí Galicia (TVG) e Lume na palleira (RGM).

Luar – Televisión de Galicia (01.12.17)

Seguir lendo A A. C. Os Abrentes de Cerdedo na CRTVG

Maqueta Os Abrentes

Portada 2.jpg

Despois de 23 anos de andaina, o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo pisa un estudio de gravación paradeixar recollida de forma dixital unhas pezas do seu repertorio. Publícanse en internet cinco temas, onde tres deles foron gravados neste ano 2017 en Vigo. Con esta gravación, o grupo de gaitas intenta amosar o seu traballo buscando a maior naturalidade nunha gravación realizada nunha tarde de sábado para amosar a súa frescura e espontaneidade.

Seguir lendo Maqueta Os Abrentes

IV Festival de música tradicional de Cerdedo

“IV Festival de música tradicional de Cerdedo” organizado pola Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo e programado para o sábado 27 de maio no Centro Cultural de Cerdedo ás 20:30h.

Cartel - IV Festival de Música Tradicional de Cerdedo

Grupos participantes:

  • A. C. Foula de Cotobade
  • Pandereteiras Tremelique (O Rosal)
  • Os Muiñeiros do Sarela
  • Airiños da Fracha
  • A. C. Os Abrentes de Cerdedo

Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Colaboran: Concello de Cerdedo-Cotobade e Deputación de Pontevedra

Para máis información do que foron os anteriores festivais:
www.osabrentesdecerdedo.com