Arquivo da etiqueta: Municipal

A viaxe de José do Campo

Temos o pracer de anunciarvos a emocionante estrea de A VIAXE DE JOSÉ DO CAMPO, unha historia musical dende O Courel ata Nova Orleáns…

José

Esta viaxe é o resultado do traballo do curso de 3º de Interpretación Xestual da ESAD de Vigo xunto ca A.C.F. O Fiadeiro, un traballo de meses que mestura interpretación e músicas e bailes tradicionais.

Este esforzo creativo, que está baseado no libro-disco homónimo editado por Ton e Son Editorial co Fiadeiro e creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo no ano 2015, por fin dará os seus froitos o vindeiro venres 24 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, na praza do Rei.

As entradas son a 4 euros e poderán ser mercadas en venta anticipada no local de O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo, Vigo) ou na propia taquilla do Auditorio o mesmo día.

Vai ser unha estrea emocionante, vai ser unha viaxe incrible…