José Fírvida Cachafeiro, “Maduro”

VOLTAR ATRÁS

José Fírvida Cachafeiro fillo de Isabel Cachafeiro e de José Fírvida, naceu en Soutelo de Montes o 24 de abril de 1.926. Coñecido coma Maduro, estaba predestinada a adicarse á música, pois naceu no seo da familia Cachafeiro. O seu parentesco co gaiteiro e as súas raíces soutelás sempre foron un gran orgullo para el.

Os seus primeiros pasos na música na súa primeira infancia viñeron da man dos seus tíos, chegando a acompañalos tocando o bombo ou o redoblante. Aprendeu tamén acordeón e solfexo na casa de Poceiro no anos 40, en Pontevedra e, na súa mocidade, montou con José Gulías Picón, Caladiño, o seu primeiro grupo. Os dous eran integrantes da orquestra Changüí.

Aos 19 anos coñeceu á que sería a súa muller, Enriqueta, de Cachafeiro. Casaron catro ano máis arde e emigraron a Venezuela. Alí, Maduro e o seu tío Castor mantiveron viva a música galega, xa que eran convidados a participar nas festas e actividades culturais que se festexaban, xunto co seu cuñado José Barreiro e, nalgunhas ocasións, dous veciños cerdedenses. Chegaron a participar en importantes eventos como a inauguración do Estadio Olímpico de Caracas no ano 1954.

Os veciños e veciñas recordan a Maduro como unha persoa de grandes inquietudes, con ganas de facer moitas cousas, non só no ámbito musical. Así, compaxinou a súa faceta musical coa empresarial. Comezou traballando como repartir de cervexa en 1951 pero enseguida se converteu no supervisor de ventas nunha empresa de aceite e manteiga.

No seu regreso a Galicia nos anos 60, Maduro asentouse coa súa muller na cidade de Pontevedra, adicándose ao transporte de mercancías. Foi tamén un dos primeiros taxistas da cidade.

Pero a súa paixón pola música, a súa personalidade emprendedora e o orgullo que sentía de ser sobriño do Gaiteiro, do que adquiriu tamén coñecementos sobre ebanistería, fixeron que montara un pequeno obradoiro de gaitas en Soutelo de Montes cando lle chegou a xubilación.

Un dos días máis importantes da vida para Maduro foi a inauguración do monumento aos Gaiteiros de Soutelo no ano 1.980, tal era a admiración e o orgullo que sentía por eles e a súa música. Alí, xunto coa súa irmá Carolina e a súa nai Isabel, viviron como os emigrantes de Venezuela homenaxeaban aos Gaiteiros.

Maduro que era unha persoa moi positiva e que contaxiaba a súa alegría ala por onde ía. Así o recordan na última etapa da súa vida, cando acompaña aos Diplomáticos do Acordeón, cos que fixo actuacións por Galicia, gravaron un disco e apareceron na Televisión de Galicia.

No ano 2.009, outorgáronlle a Maduro a medalla do Gaiteiro de Soutelo, pola súa posta en valor do legado do seu tío. Así completou a etapa que comezara na súa nenez da man do seu tío, e que chegara ao seu fin sendo o herdeiro oficial do legado musical e cultural de Avelino Cachafeiro. 

Maduro faleceu apenas un ano máis tarde, o 18 de febreiro do 2.010.

Ler máis »