Arquivo da etiqueta: Homenaxe

Homenaxe a Avelino Alberte Fírvida

O pasado sábado 27 de outubro celebrouse en Soutelo de Montes (Forcarei) a homenaxe a Avelino Alberte Fírvida, sobriño de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo.

Polos anos 80, Avelino Alberte, quixo facer soar outra vez a gaita na terra do gaiteiro, formando a catro rapaces para formar un cuarteto de gaitas, o que deu forma co paso do tempo a un grupo de gaitas, “Os gaiteiros de Soutelo”, que contaba cun grupo de baile chamado “Coros e Danzas da Terra de Montes”. Todo isto formado por rapazas e rapaces de Soutelo e da contorna. Dito grupo desfíxose no ano 2000.

Seguir lendo Homenaxe a Avelino Alberte Fírvida

Advertisements

Homenaxe ás bandas de música de Cerdedo

O día 27 de novembro (2010) ás 19:30 celebrouse a presentación do libro “As bandas de música de Cerdedo” do autor Manuel Campos Toimil (colaboran Xosé Luís Troitiño e Rubén Troitiño) no Centro Cultural de Cerdedo (Auditorio). A este acto sumáronse unhas 120 persoas que se achegaron ao auditorio municipal.

presentaciocc81n-do-libro-as-bandas-de-mucc81sica-de-cerdedo4.png
Fotografía: Rubén Troitiño

A presentación abriuse coas palabras do presentador do acto, Roberto Vázquez e foi seguido dun video explicativo sobre o libro. O autor, Manuel Campos, falounos da súa estructura e fíxonos un pequeno esquema de tódalas bandas de música que existiron en Cerdedo. Tamén se sumaron a esta presentación algún dos músicos daquelas bandas coma Julio Durán, Pepe Varela, Pepe Iglesias, Nicolas García e Eduardo Troitiño os cales contaron en primeira persoa algunhas das vivencias daqueles tempos. Foron entregados exemplares dos libros a estos músicos por ser os informantes principais para a elaboración deste traballo. Tamén foron entregados o libro “As bandas de música de Cerdedo” a: Representante da Banda de música Unión de Campolameiro (entrega Manuel Campos) e ao “Concello de Cerdedo” (entrega Rubén Troitiño, Presidente da “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo” e recolle o Sr. Alcalde-Presidente da Corporación Municipal de Cerdedo D. Silvestre José Balseiros Guinarte).

Esta presentación rematou coa actuación da Banda Unión Cultural de Campolameiro.

O pasado sábado 28 de abril celebrouse o “III Festival de Bandas de Música de Cerdedo) organizado pola Escola De Música de Cerdedo, onde participou tamén a Banda Unión Cultural de Campolameiro ao que asistiron algúns dos músicos daquelas bandas: Eduardo Troitiño Varela, Jaime Barros Gondariz, Julio Durán Sieiro, Ramón Ricoy Mosquera e Nicolás García Fortes.

DSC_0145.jpg
Fotografía: Rubén Troitiño

Homenaxe a Ricardo Portela

O pasado venres 18 de agosto celebrouse en Carballedo (Concello de Cerdedo-Cotobade) unha homenaxe ao gaiteiro Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón. Foi unha honra poder participar neste acto tanto cos meus compañeiros da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo coma cos músicos Oscar Ibáñez, tocando a gaita orixinal de Ricardo, e Miguel Souto.

Fotografías: Noelia Ratel

Seguir lendo Homenaxe a Ricardo Portela