Arquivo da etiqueta: GalicianTunes

GalicianTunes – Quempallou

quempalloutnes

GalicianTunes – Grupo da semana: Quempallou!

Esta semana quedamos nas Rías Baixas para homenaxear a traxectoria profesional dunha das bandas máis representativas do folk galego, Quempallou. Logo de dezaoito anos de carrerira musical, sete discos no mercado e incontables actuacións, o grupo anunciou “o remate dunha cumprida xeira”. Fundada en 1999 por dous compañeiros da Escola de Maxisterio de Pontevedra, por Quempallou pasaron distintos integrantes ata acadar a derradeira formación por Roi Maceda (acordeón), Guillerme Ignacio (gaita, frauta e voz), Isaac Millán (bouzouki e guitarra), Roi Adrio (percusión) e Rubén Troitiño (gaita e clarinete). Celebraremos a súa música, melodías características que reflicten a súa constante evolución musical sen olvidarse da tradición musical da súa terra, e os celebraremos a eles. E, como non podía ser doutro xeito, comezamos con “lume ”! Seguir lendo GalicianTunes – Quempallou