Arquivo da etiqueta: Gaiteiros

Homenaxe a Avelino Alberte Fírvida

O pasado sábado 27 de outubro celebrouse en Soutelo de Montes (Forcarei) a homenaxe a Avelino Alberte Fírvida, sobriño de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo.

Polos anos 80, Avelino Alberte, quixo facer soar outra vez a gaita na terra do gaiteiro, formando a catro rapaces para formar un cuarteto de gaitas, o que deu forma co paso do tempo a un grupo de gaitas, “Os gaiteiros de Soutelo”, que contaba cun grupo de baile chamado “Coros e Danzas da Terra de Montes”. Todo isto formado por rapazas e rapaces de Soutelo e da contorna. Dito grupo desfíxose no ano 2000.

Seguir lendo Homenaxe a Avelino Alberte Fírvida

Advertisements

Os Abrentes recrearon a primeira formación dos Gaiteiros de Soutelo

O sábado 18 de agosto levouse a cabo a XXXIX Festa do Gaiteiro, homenaxeando a Avelino Cachafeiro.

Neste ano 2018 sinalamos o 90 aniversario da primeira gravación da popular “Muiñeira de Chantada” realizada no ano 1928 polos Gaiteiros de Soutelo.

A súa primeira formación estaba composta por unha gaita, tocada por Avelino Cachafeiro, un frautín feito polo artesán Joaquín García García no seu obradoiro de Riobó, tocado por Castor Cachafeiro, unha caixa tocada por Bautista Cachafeiro e un bombo tocado por Fermín Cachafeiro.

Seguir lendo Os Abrentes recrearon a primeira formación dos Gaiteiros de Soutelo

Os Gaiteiros de Soutelo e Coros e Danzas de Terra de Montes

Vídeo do grupo de gaitas “Os Gaiteiros de Soutelo” e “Coros e Danzas de Terra de Montes”. Sábado 22 de xullo de 1995 nas festas da Madalena (Soutelo de Montes – Forcarei).

Imaxes gravadas por Julio García Cendón. Dixitalizado por Rubén Troitiño.

Grupo dirixido por Avelino Alberte Fírvida, sobriño de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo.

 

A A. C. Os Abrentes de Cerdedo na CRTVG

Participación da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo en varios programas da Radio/Televisión de Galicia: Luar (TVG), Aquí Galicia (TVG) e Lume na palleira (RGM).

Luar – Televisión de Galicia (01.12.17)

Seguir lendo A A. C. Os Abrentes de Cerdedo na CRTVG