Arquivo da etiqueta: Forcarei

Os Gaiteiros de Soutelo e Coros e danzas da Terra de Montes

Grupo dirixido por Avelino Alberte Fírvida, sobriño de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo dende finais do 1980 ata o ano 2000.

Videos


Fotografías

Advertisements

Pedro Prado López

Artigo de Rubén Troitiño

PedroPradoPedro Prado López (Folgoso, Cerdedo 15/05/1924 – Fontela, Forcarei 05/03/2011) cerdedense de nacemeto aínda que afincado no concello veciño de Forcarei, irmán de Asensio Prado López, coñecido coma O manco de Vichocuntín (Cerdedo). Gaiteiro e percusionista autodidacta.

Eu aprendín así, de golpe e porrazo, marchaba alí para o cuarto e púñame na ventana e veña música. E salía! Salín con ela!

Deixamos unha pequena referencia neste blogue da súa existencia engadindo algunha fotografía da súa gaita, feita en madeira de buxo (afinación en sib aproximadamente) mercada no obradoiro de Poceiro (Pontevedra).

…A gaita tiña fleques e tiña todo, pero rillaron todo os ratos…

Gaita de Pedro Prado López
Gaita de Pedro Prado López | Fotografía: Rubén Troitiño (10.06.06)

Nas fotografías podemos observar o fol de goma orixinal, que na actualidade non se conserva, co veludo granate. Tanto as palletas coma os pallóns corrían por conta del, construíndoas a partir de canas dos fuegos. Fora o seu irmán Asensio, tamén gaiteiro co que tocaba de vez en cando, quen lle ensinara a facelas. Tamén se xuntaba cun curmán para tocar, chamado José María.

As palletas facíaas eu, con canas de fuegos, e tocaban que mandaba carallo!

Gaita Pedro Prado López
Gaita de Pedro Prado López | Fotografía: Rubén Troitiño (10.06.06)
Gaita de Pedro Prado López
Gaita de Pedro Prado López | Fotografía: Rubén Troitiño (10.06.06)

Na súa faceta de percusionista tocou bombo e tambor, o que el denominaba redoblante, dicindo que o tocaba moi ben, sendo capaz de acompañar a calquer gaiteiro.

dsc00764.jpg
José Luis Troitiño e Pedro Prado López | Fotografía: Rubén Troitiño (10.06.06)

Ramiro Cortizo Taboada

Decir só do capador de Muras que ten corte de capador non é exacto. Ramiro é bonachón e ledo. Ten sesgo de gaiteiro, e dado a súa profesión é festeiro. Un curioso cócktail, o do capador de Muras, que se complementa co carácter aberto que lle deu a experiencia do oficio, porque capando casa por casa coñeceu a multitude de xente e historias nos lugares de Forcarei e Silleda, polas parroquias dos Montes.

Ramiro Cortizo naceu en Muras, de familia de capadores, aínda que con él a estirpe tivo un parón. Dos sete fillos que tivo, ningún saiu gaiteiro nin capador, unha pena, porque Ramiro é un excelente mestre nos dous oficios. O capador domina as artes gandeiras, agrarias e sociais. As ruadas das zonas son desas artes sociais nas que de mozo un se tiña que desenvolver, con canta máis soltura, mellor, porque nesas festas de inverno eran as mulleres as que levaban a voz cantante a ritmo de pandeireta. En moitas ruadas da zona, Ramiro era o gaiteiro oficial pagado a escote polo público feminino. Alí tocaba en pechado e cantaba en aberto, que as mulleres o oísen ben, pero sobretodo unha: a que o acompañou toda a vida, Sara.

Enlace: O capador de Muras


Outros videos

Vídeo feito para a exposición “OS NOSOS TESOUROS” dos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro 2013 da Asociación Santa Ferreña, no marco do proxecto europeo “Grand Treasures” no que Xandobela formou parte a canda outras entidades europeas análogas.

Máis info:
http://grandtreasures.webnode.cz/ | http://xandobela.info/


José Luis e Ramiro Cortizo
José Luis Troitiño e Ramiro Cortizo
David Raposeiras e Ramiro Cortizo
David Raposeiras e Ramón Cortizo

Os Diplomáticos do Acordeón

Hoxe estamos co grupo “Os diplomáticos do acordeón”, unha desas agrupacións marabillosas ás que paga a pena coñecer. Formado por oito homes, oito veteranos para os que a música, mais ca un entretemento, é case un xeito de entender a vida.

Todos pertencen á Terra de Montes, desde Soutelo ata Forcarei pasando por Cachafeiro, unha comarca famosa a principios do século vinte polos gradísimos gaiteiros que lle deron fama. Pero houbo outra época, a partir dos corenta, na que as gaitas deron paso ós acordeóns, anos nos que os salóns de baile se fixeron moi populares e nos que xa se bailan outros ritmos.

Neses salóns de baile “criáronse” varios membros dos Diplomáticos que, desde moi pequeniños, tiveron a obriga de aprender a tocar un instrumento para axudar na economía familiar. Entre eles os irmáns Alberte Fírvida, bisobriños do popular Avelino Cachafeiro, que chegaron a formar un orquestra completa que tocaba no salón de baile da familia, o “Changüí”.

Tamén Moncho aprendeu a tocar o acordeón porque seu pai era o dono do “Paraíso”, un salón de Forcarei que agora lle pertence a el. Un caso semellante é o de Paco Cachafeiro, tamén ligado ó mundo do acordeón e dos salóns de baile.

No Alalá desta semana coñecéremolos a eles e ó resto dos Diplomáticos: a Jesús, un reloxeiro xubilado que, ademais de dar clase, colecciona acordeóns, de feito, xa ten mais de 130 instrumentos; a Toño, un amante da música dos sesenta que desfruta tanto da guitarra eléctrica como do acordeón; e a Joaquín, o vocalista, que canta coa mesma paixón un bolero ca unha muiñeira.

Enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/os-diplomaticos-do-acordeon


Outros vídeos

Xuntanza de música tradicional – Soutelo de Montes

O vindeiro sábado 27 de outubro ás 19:00h celebrarase no CEIP Soutelo de Montes (Forcarei) unha xuntanza de música tradicional e posterior ruada de acceso libre. Os grupos participantes nesta xuntanza son os seguintes:

Seguir lendo Xuntanza de música tradicional – Soutelo de Montes

Os Gaiteiros de Soutelo e Coros e Danzas de Terra de Montes

Vídeo do grupo de gaitas “Os Gaiteiros de Soutelo” e “Coros e Danzas de Terra de Montes”. Sábado 22 de xullo de 1995 nas festas da Madalena (Soutelo de Montes – Forcarei).

Imaxes gravadas por Julio García Cendón. Dixitalizado por Rubén Troitiño.

Grupo dirixido por Avelino Alberte Fírvida, sobriño de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo.

 

Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei

ADELINO PICHEL.png

Dende ven pequeno teño unha forte ligazón co mundo da música tradicional, en especial coa Terra de Montes.

O centro galego de música popular aCentral Folque ven de editar un libro/cd dun gaiteiro desa zona: “Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei” do autor Juanjo Fernández. É un verdadeiro pracer poder aparecer nos agradecementos desta publicación.

A verdade é que Terra de Montes é unha comarca moi rica en folclore tradicional, lendas, historias… aínda queda moito por escribir e aprender desa zona.