Arquivo da etiqueta: Día

Unha muiñeira para Fraguas

simboloAcademia

A obra de Antonio Fraguas ten unha estreita relación coa música. O etnógrafo recolleu na súa mocidade case un milleiro de coplas populares da súa terra natal que logo publicaría no Cancioneiro de Cotobade, versos para cantar e bailar en foliadas ou muiñadas. Daquel tempo queda xa pouco, pero a música tradicional segue viva e a tradición oral que documentou inspira composicións como a que o músico Rubén Troitiño lle dedicou ao protagonista do Día das Letras Galegas 2019, a Muiñeira para Antonio Fraguas. A peza, que pode escoitarse na web do compositor, gravouse coa colaboración de catro agrupacións musicais do concello natal do homenaxeado, Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón do Pau, Os Trazantes de Tenorio, Foula e Os Abrentes de Cerdedo.

Seguir lendo Unha muiñeira para Fraguas

Muiñeira para Antonio Fraguas

Antonio Fraguas.png

No día de hoxe publícase a Muiñeira para Antonio Fraguas adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de Pau, Os Trazantes de Tenorio, Foula e Os Abrentes de Cerdedo.

Podedes escoitala de forma gratuíta no seguinte enlace ou directamente dende esta web.

Enlace directo:
https://soundcloud.com/proxectohomenaxe/muineira-para-antonio-fraguas-ruben-troitino

Seguir lendo Muiñeira para Antonio Fraguas

Antonio Fraguas

Promo 2.png

O vindeiro domingo día 12 xa estará dispoñible en internet a miña pequena homenaxe ao protagonista este ano polo día das Letras Galegas.

Muiñeira para Antonio Fraguas, adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de PauOs Trazantes de TenorioA. C. Os Abrentes de Cerdedo e a Asociación Cultural Foula.

Presentarase en primicia na sintonía de Radio Galega Música da man de Emilio Españadero no programa Lume Na Palleira.

Coma autor desta peza quero agradecer ás asociacións participantes o seu esforzo e tamén ao Concello de Cerdedo-Cotobade. pola súa colaboración, en mención especial a Jorge Cubela López e a Lourdes Ovelleiro Garrido. Grazas a todas e a todos!