Arquivo da etiqueta: Deputación

IV Festival de música tradicional de Cerdedo

“IV Festival de música tradicional de Cerdedo” organizado pola Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo e programado para o sábado 27 de maio no Centro Cultural de Cerdedo ás 20:30h.

Cartel - IV Festival de Música Tradicional de Cerdedo

Grupos participantes:

  • A. C. Foula de Cotobade
  • Pandereteiras Tremelique (O Rosal)
  • Os Muiñeiros do Sarela
  • Airiños da Fracha
  • A. C. Os Abrentes de Cerdedo

Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Colaboran: Concello de Cerdedo-Cotobade e Deputación de Pontevedra

Para máis información do que foron os anteriores festivais:
www.osabrentesdecerdedo.com

CD “Aires de Pontevedra” – Oscar Ibáñez

“AIRES DE PONTEVEDRA. HOMENAXE A RICARDO PORTELA 25 ANIVERSARIO PASAMENTO” de Oscar Ibáñez, gaita orixinal de Ricardo Portela, coa colaboración á percusión de Xosé V. Ferreirós (Milladoiro), Chuco Estévez Gonzalez (E-Trad), Gonzalo Caride (artesán-músico), Wenceslao Cabezas “Polo” (Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo), Antón López “Toniño” (Treixadura), Manuel Solla (Os Cruceiros), Xosé Carlos V. Bouza e Jesús Corral Fernández (Xarabal), Miguel Souto (O Fiadeiro), Alberto Costas (PelePau), Manuel Alonso e Xosé María Gutiérrez (Noitarega).

Gravado, mesturado e masterizado en ChisPún! Estudio (Vigo) por Rubén Troitiño, edita e distribúe Inquedanzas Sonoras baixo licenza de Oscar Ibáñez.

Seguir lendo CD “Aires de Pontevedra” – Oscar Ibáñez