Arquivo da etiqueta: Cultura

Diario da Cultura – Radio Galega

Escoitamos música composta para homenaxear a Antonio Fraguas
13/05/2019 – 10:54 h

RG.png

Enlace: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-13-05-2019-4111086?t=173

Ofrecemos hoxe dous agarimos musicais a Antonio Fraguas, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A primeira delas unha muiñeira composta por Rubén Troitiño que foi gravada conxuntamente por catro agrupacións de Cededo-Cotobade. A segunda unha peza composta e interpretada por Samuel Soto.

Por último, como adianto dos contidos do Lume na palleira do vindeiro domingo, escoitamos o cuarteto Manseliña, que nos presentará o seu primeiro disco, en que traballaron con cantigas medievais e tradicionais do noroeste da Península Ibérica.

Advertisements

Serán’01 – Cidade da Cultura

Os pasados días 8, 9 e 10 de xuño celebrouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o Serán’01 – I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional.

Entre outros grupos, participou a ACF O Fiadeiro: Orquestra O Fiadeiro, Pandereteiras e Pandereteiros de O Fiadeiro, grupo de baile…

Seguir lendo Serán’01 – Cidade da Cultura