José Cortizo, boa viaxe!

Jose CortizoO pasado venres 17 de abril deixounos José Cortizo (José da Fonte 1926), veciño de Barro de Arén (Cerdedo-Cotobade) e compoñente das Pandeireteiras de Barro de Arén. Unha pequena homenaxe a este home ao cal lle tiña moito aprecio. Graciñas por compartir toda a túa sabedoría.

 

Unha das cousas que máis lle gustaba era escribir, comparto dous dos poemas que me entregou.

A ALDEA DORMIDA

Andando polos camiños
de aquela aldea dormida,
sólo o silencio che fala
sólo el alí é a vida

Vexo paredes de pedra
que o seu tellado marchou,
co recordo de aquela xente
que tantos anos tapou.

Sinto o chorriño da fonte
que alegre o silencio espanta,
en esa aldea dormida
onde sólo a auga canta.

Así as vexo morrer.


O CAMIÑO DO MONTE

Aquel camiño de pedra
que pro monte nos levaba,
o toxo foino tapando
de el, xa non se ve nada.

Dormidas quedaron as pedras,
sin que as desperte ninguén,
aqueles que as puxeron
dormidos quedaron tamén.

Veume alumenando a lúa
cando viña pra ruada,
ahora vexoa dentro
na túa cara parada.

José Cortizo


Gravado: Rubén Troitiño

Ler máis »

Ramiro Cortizo Taboada

VOLTAR ATRÁS

Decir só do capador de Muras que ten corte de capador non é exacto. Ramiro é bonachón e ledo. Ten sesgo de gaiteiro, e dado a súa profesión é festeiro. Un curioso cócktail, o do capador de Muras, que se complementa co carácter aberto que lle deu a experiencia do oficio, porque capando casa por casa coñeceu a multitude de xente e historias nos lugares de Forcarei e Silleda, polas parroquias dos Montes.

Ramiro Cortizo naceu en Muras, de familia de capadores, aínda que con él a estirpe tivo un parón. Dos sete fillos que tivo, ningún saiu gaiteiro nin capador, unha pena, porque Ramiro é un excelente mestre nos dous oficios. O capador domina as artes gandeiras, agrarias e sociais. As ruadas das zonas son desas artes sociais nas que de mozo un se tiña que desenvolver, con canta máis soltura, mellor, porque nesas festas de inverno eran as mulleres as que levaban a voz cantante a ritmo de pandeireta. En moitas ruadas da zona, Ramiro era o gaiteiro oficial pagado a escote polo público feminino. Alí tocaba en pechado e cantaba en aberto, que as mulleres o oísen ben, pero sobretodo unha: a que o acompañou toda a vida, Sara.

Enlace: O capador de Muras


Outros videos

Vídeo feito para a exposición “OS NOSOS TESOUROS” dos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro 2013 da Asociación Santa Ferreña, no marco do proxecto europeo “Grand Treasures” no que Xandobela formou parte a canda outras entidades europeas análogas.

Máis info:
http://grandtreasures.webnode.cz/ | http://xandobela.info/


José Luis e Ramiro Cortizo
José Luis Troitiño e Ramiro Cortizo
David Raposeiras e Ramiro Cortizo
David Raposeiras e Ramón Cortizo