Arquivo da etiqueta: Concerto

Colaboración con Oscar Ibáñez en Pontevedra

OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO + CONVIDADOS

OI.png

Oscar Ibáñez
Fernando Fraga Traba, Ioana Perez, Carlos Calviño, Paco Dicenta e Andrés Vilán

Colaboradores: Anxo Pintos, Begoña Riobó, Xosé Liz, Marcos Campos, Chuco Estévez González, Miguel Souto, Wenceslao Cabezas “Polo”, Carla Villanueva Rodríguez, Álvaro Novegil Pintor Alvarellos, José Luis Lema, gaiteiros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín, José Campos, Miguel Fraguas, Rubén Troitiño, Laura Garcia Couto, Maria Vidal Sabaris, Bailadores do Fiadeiro, Bailadores da A.F. Celme, Compañía de Danza Contemporánea Jesús Quiroga).

Colaboración con Oscar Ibáñez

OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO + CONVIDADOS

OI.jpg

Oscar Ibáñez presenta o seu espectáculo Aires de Pontevedra, creado a partir da publicación do último traballo discográfico de Oscar Ibáñez “Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela – 25 Aniversario Pasamento” (Inquedanzas Sonoras, 2017), que gravou integramente coa gaita orixinal do célebre mestre de toque pechado Ricardo Portela.

A diferencia do CD, no que OSCAR IBÁÑEZ plasmou a súa interpretación no máis puro estilo porteliano, neste espectáculo revisa dende a súa faceta artística os temas máis característicos do Gaiteiro de Viascón, con arranxos frescos e os  timbres do su grupo de directo OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO, co obxectivo de contribuir á actualización, difusión e universalización do repertorio de Ricardo Portela.

Así pois, estos tres conciertos, que Oscar Ibáñe deseñou para pechar os actos conmemorativos do 25 aniversario da súa morte, levaranse a cabo nas tres localidades estreitamente relacionadas coa vida de Ricardo Portela, Cerdedo-Cotobade, onde se atopa Viascón, lugar de nacemento, Vigo, donde viveu a partir dos 12 años e onde se desenvolveu musicalmente ó longo de toda a súa vida e Pontevedra, onde estableceu a súa última residencia ó seu regreso da súa etapa coma emigrante en Venezuela e onde levou a cabo a súa labor docente fundamentalmente.

Seguir lendo Colaboración con Oscar Ibáñez