Arquivo da etiqueta: Cerdedo

Peza adicada a Antonio Fraguas

O pasado sábado 13 de abril comezamos coa gravación dunha peza adicada a Antonio Fraguas. Neste pequeno proxecto participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Asociación Cultural Foula, Cerdedo/CotobadeOs Trazantes de TenorioOs Afoutes do Canón de Pau e a A. C. Os Abrentes de Cerdedo. Esta gravación verá a luz o vindeiro mes de maio co gallo da celebración do día das Letras Galegas.

Coma autor desta peza quero agradecer ás asociacións participantes o seu esforzo e tamén ao Concello de Cerdedo-Cotobade pola súa colaboración, en mención especial a Jorge Cubela López e a Lourdes Ovelleiro Garrido. Grazas a todas e a todos!

Seguir lendo Peza adicada a Antonio Fraguas

Advertisements

Xuntanza de música tradicional – Soutelo de Montes

O vindeiro sábado 27 de outubro ás 19:00h celebrarase no CEIP Soutelo de Montes (Forcarei) unha xuntanza de música tradicional e posterior ruada de acceso libre. Os grupos participantes nesta xuntanza son os seguintes:

Seguir lendo Xuntanza de música tradicional – Soutelo de Montes

Os Abrentes recrearon a primeira formación dos Gaiteiros de Soutelo

O sábado 18 de agosto levouse a cabo a XXXIX Festa do Gaiteiro, homenaxeando a Avelino Cachafeiro.

Neste ano 2018 sinalamos o 90 aniversario da primeira gravación da popular “Muiñeira de Chantada” realizada no ano 1928 polos Gaiteiros de Soutelo.

A súa primeira formación estaba composta por unha gaita, tocada por Avelino Cachafeiro, un frautín feito polo artesán Joaquín García García no seu obradoiro de Riobó, tocado por Castor Cachafeiro, unha caixa tocada por Bautista Cachafeiro e un bombo tocado por Fermín Cachafeiro.

Seguir lendo Os Abrentes recrearon a primeira formación dos Gaiteiros de Soutelo

Homenaxe ás bandas de música de Cerdedo

O día 27 de novembro (2010) ás 19:30 celebrouse a presentación do libro “As bandas de música de Cerdedo” do autor Manuel Campos Toimil (colaboran Xosé Luís Troitiño e Rubén Troitiño) no Centro Cultural de Cerdedo (Auditorio). A este acto sumáronse unhas 120 persoas que se achegaron ao auditorio municipal.

presentaciocc81n-do-libro-as-bandas-de-mucc81sica-de-cerdedo4.png
Fotografía: Rubén Troitiño

A presentación abriuse coas palabras do presentador do acto, Roberto Vázquez e foi seguido dun video explicativo sobre o libro. O autor, Manuel Campos, falounos da súa estructura e fíxonos un pequeno esquema de tódalas bandas de música que existiron en Cerdedo. Tamén se sumaron a esta presentación algún dos músicos daquelas bandas coma Julio Durán, Pepe Varela, Pepe Iglesias, Nicolas García e Eduardo Troitiño os cales contaron en primeira persoa algunhas das vivencias daqueles tempos. Foron entregados exemplares dos libros a estos músicos por ser os informantes principais para a elaboración deste traballo. Tamén foron entregados o libro “As bandas de música de Cerdedo” a: Representante da Banda de música Unión de Campolameiro (entrega Manuel Campos) e ao “Concello de Cerdedo” (entrega Rubén Troitiño, Presidente da “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo” e recolle o Sr. Alcalde-Presidente da Corporación Municipal de Cerdedo D. Silvestre José Balseiros Guinarte).

Esta presentación rematou coa actuación da Banda Unión Cultural de Campolameiro.

O pasado sábado 28 de abril celebrouse o “III Festival de Bandas de Música de Cerdedo) organizado pola Escola De Música de Cerdedo, onde participou tamén a Banda Unión Cultural de Campolameiro ao que asistiron algúns dos músicos daquelas bandas: Eduardo Troitiño Varela, Jaime Barros Gondariz, Julio Durán Sieiro, Ramón Ricoy Mosquera e Nicolás García Fortes.

DSC_0145.jpg
Fotografía: Rubén Troitiño

Colaboración con Oscar Ibáñez

OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO + CONVIDADOS

OI.jpg

Oscar Ibáñez presenta o seu espectáculo Aires de Pontevedra, creado a partir da publicación do último traballo discográfico de Oscar Ibáñez “Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela – 25 Aniversario Pasamento” (Inquedanzas Sonoras, 2017), que gravou integramente coa gaita orixinal do célebre mestre de toque pechado Ricardo Portela.

A diferencia do CD, no que OSCAR IBÁÑEZ plasmou a súa interpretación no máis puro estilo porteliano, neste espectáculo revisa dende a súa faceta artística os temas máis característicos do Gaiteiro de Viascón, con arranxos frescos e os  timbres do su grupo de directo OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO, co obxectivo de contribuir á actualización, difusión e universalización do repertorio de Ricardo Portela.

Así pois, estos tres conciertos, que Oscar Ibáñe deseñou para pechar os actos conmemorativos do 25 aniversario da súa morte, levaranse a cabo nas tres localidades estreitamente relacionadas coa vida de Ricardo Portela, Cerdedo-Cotobade, onde se atopa Viascón, lugar de nacemento, Vigo, donde viveu a partir dos 12 años e onde se desenvolveu musicalmente ó longo de toda a súa vida e Pontevedra, onde estableceu a súa última residencia ó seu regreso da súa etapa coma emigrante en Venezuela e onde levou a cabo a súa labor docente fundamentalmente.

Seguir lendo Colaboración con Oscar Ibáñez

Maqueta Os Abrentes

Portada 2.jpg

Despois de 23 anos de andaina, o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo pisa un estudio de gravación paradeixar recollida de forma dixital unhas pezas do seu repertorio. Publícanse en internet cinco temas, onde tres deles foron gravados neste ano 2017 en Vigo. Con esta gravación, o grupo de gaitas intenta amosar o seu traballo buscando a maior naturalidade nunha gravación realizada nunha tarde de sábado para amosar a súa frescura e espontaneidade.

Seguir lendo Maqueta Os Abrentes

Homenaxe a Ricardo Portela

O pasado venres 18 de agosto celebrouse en Carballedo (Concello de Cerdedo-Cotobade) unha homenaxe ao gaiteiro Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón. Foi unha honra poder participar neste acto tanto cos meus compañeiros da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo coma cos músicos Oscar Ibáñez, tocando a gaita orixinal de Ricardo, e Miguel Souto.

Fotografías: Noelia Ratel

Seguir lendo Homenaxe a Ricardo Portela