Arquivo da etiqueta: Calvario

Serán do Samaín ’18 – ACF O Fiadeiro

serandosamain18.jpg

O próximo mércores 31 de outubro a partir das 19.00 terá lugar diante do mercado do Calvario o Serán do Samaín.

Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.

Seguir lendo Serán do Samaín ’18 – ACF O Fiadeiro

Serán do Samín – 2017

O próximo martes 31 de outubro a partir das 19.00 terá lugar diante do mercado do Calvario o Serán do Samaín:

SAMAIN 2017.jpg

Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.

Teremos festa ata ás 23.30, repartiremos chocolate e rosca para todos os asistentes

Este ano contaremos con Tarambainas, Pandereteiras A Buxaina, Sete Cuncas e as agrupacións de O Fiadeiro entre outros. Teremos talleres para nenos organizados por Koremi e Troula durante toda a tarde.

Agradecementos ó Concello de Vigo por confiar un ano mais na Asociación O Fiadeiro para organizar o evento.

Esperámosvos para pasar unha tarde/noite de medo.

XVI Xornadas culturais – ACF O Fiadeiro

Sábado 23 de setembro, co seguinte programa:

  • 17:30 – Pasarrúas pola peatonal do Calvario
  • 18:15 – Taller de iniciación de baile tradicional, pandeireta e percusión para nenos
  • 19:00 – Taller de inciación de baile tradicional, pandeireta e percusión para adultos

Xornadas.jpg

Para os talleres de pandeireta e percusión procura traer o teu instrumento. Remataremos con baile e música na rúa todos xuntos mostrando o aprendido nos talleres.


Máis información:

fiadeiro@ofiadeiro.com
986253585/629585355
Rúa Xesús Fernández, 3 Baixo
36205 – Vigo (Pontevedra)