Homenaxe a Manuel Cabada, o gaiteiro de Seoane

Fotografías do pasado sábado 7 de maio no Auditorio de Soutelo de Montes no “VII Festival de música tradicional” organizado pola banda de gaitas de Forcarei e homenaxeando a Manuel Cabada Muras, o gaiteiro de Seoane.

Neste festival, ademáis da banda de gaitas, participaron as pandeireteiras Lus de Keikoa, A. C. Donaire, Cántigas da Terra e de Perdidos al trío. Presentou o acto Vero Rilo.

Unha vez máis, agradecer á José Antonio Vidueiros e á banda de gaitas de Forcarei convidarme ao festival para poder facer soar despois de case 50 anos o punteiro de Manuel Cabada. Tamén a Sonia Barreiro e a familia de Manuel por confiarme o instrumento para este evento.

Fotografías de Noelia Ratel.

Manuel Cabada Muras

VOLTAR ATRÁS

Manuel Cabada Muras, coñecido tamén coma o gaiteiro de Seoane. Nado o 22 de xuño de 1909 no lugar de Seoane, parroquia de Meavía (Forcarei). Manuel ademáis de tocar a gaita tamén foi acordeonista.

O gaiteiro de Seoane, Manuel Cabada acompañado ó tampor por Gerpe - Anos 50
Acompañado ó tampor por Gerpe – Anos 50

Manuel Cabada - 1932Ano 1932

Imaxe do gaiteiro de Seoane co acordeón e Cumbelita coa pandeireta no ano 1936
Co acordeón e “Cumbelita” coa pandeireta no ano 1936

Cabada, o gaiteiro de Seoane tocando nunha romería nos anos 50
Tocando nunha romería nos anos 50