A Asociación Socio-Cultural Can de San Roque presenta o programa da “XL Festa do gaiteiro de Soutelo” que terá lugar o 24 de Agosto de 2019 en Soutelo de Montes (Forcarei).
Este ano celébrase o 50 aniversario da edición do libro de Avelino Cachafeiro “Voando cas aas da vida”.
Programación para ese día:
- 11:30h: Pasarrúas
- 12:30h: Agrupación Folclórica Celme de Pontevedra na Praza dos Gaiteiros
- 13:00h: Pregón e homenaxe – Carme Hermida, Rubén Troitiño e a Banda De Gaitas de Forcarei
- 14:00h: Xantar popular no parque Venezuela
- 17:00h: Oradaladou e A. C. Os Abrentes de Cerdedo
- 18:00h: Serán aberto
- 20:00h: Homenaxe a Avelino Alberte Fírvida – Acordeonistas de Celanova e Os Diplomáticos do Acordeón
Organiza: Asociación Socio-Cultural Can de San Roque
Colaboran: Deputación de Pontevedra | Xunta de Galicia – Dinamización Lingüística e Concello de Forcarei