Arquivo da etiqueta: ACF O Fiadeiro

Serán O Fiadeiro ’19

A A. C. F. O Fiadeiro convida a todos os seus amigos e seguidores, outro ano máis, ó noso serán.

seran

Celebrarase no salón de actos da AA.VV. Santa Mariña de Cabral o sábado 26 de xaneiro a partir das 22:30 horas. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. E xa ben entrada a noite, ofreceremos chocolate ben quente para todos os asistentes.

Abrirán o serán os grupos da asociación e a continuación agardamos por todas aquelas agrupacións e músicos que veñan dispostos a continuar a festa.

Seguir lendo Serán O Fiadeiro ’19

Advertisements

Escola O Fiadeiro – 2018/19

Cursos Matriculación Horarios Calendario

Escola.jpg

Dende 1998 están a funcionar as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade primordial no que se refire á difusión da cultura tradicional e como un importante nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.

O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada.

Seguir lendo Escola O Fiadeiro – 2018/19

Serán’01 – Cidade da Cultura

Os pasados días 8, 9 e 10 de xuño celebrouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o Serán’01 – I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional.

Entre outros grupos, participou a ACF O Fiadeiro: Orquestra O Fiadeiro, Pandereteiras e Pandereteiros de O Fiadeiro, grupo de baile…

Seguir lendo Serán’01 – Cidade da Cultura

O Fiadeiro na Reconquista de Vigo ’18

OFR

Volve a Reconquista a Vigo. Este ano se queredes atopármonos teredes que buscarnos na Praza do Berbés, preto do mar e dos soportais que antes animaban os pescadores.

Alí, coma sempre, teremos comida. E tamén festa, música e baile porque para botalos fóra necesítase forza e gañas, pero tamén alegría!

Non o dubidedes… pasade a facérmonos unha visita. Agardámosvos!

ACF O Fiadeiro: www.ofiadeiro.com

O Apalpador visita Vigo

O Apalpador visita Vigo – Venres 22 de decembro ’17

Promoven: Barafunda Animación, Libraría Andel, ACF O Fiadeiro, A. C. O Castro, AVC Casco Vello, Libraría Cartabón, A Mesa pola Normalización Lingüística, Projeto Educativo Semente Vigo e A Revolta Centro Social.