“Non hai fallo”, o novo disco de Abóbriga

O novo disco do grupo Abóbriga, que leva por título Non hai fallo, xa está a venda dende finais do mes de outubro deste 2019. O disco, gravado en ChisPún! Estudios por Rubén Troitiño conta con 16 temas dos cales 11 son cantados, ademáis de un amplo repertorio de composicións propias do grupo.

Xa pasaron uns anos daquel Foliada en Baiona, o primeiro disco do grupo Abóbriga, pero ollo… Non hai fallo, onde hai un primeiro tamén hai un segundo, ademáis cunha dedicatoria moi especial tanto para o grupo coma para todos os amantes da música
tradicional da zona de Vigo e arredores.

Cando falamos de Abóbriga falamos de música de raíz, con personalidade propia, repertorio popular e tamén con temas persoais que reflicten o aire que teñen as composicións que xa consideramos de corte tradicional. Todo elo cunha mestura de gaitas e percusión tradicional sumadas a unha base harmónica proporcionada polo acordeón e dous instrumentos máis xogando coas propias melodías, desfacéndoas e propoñendo outras novas dentro da principal, sen esquecernos das voces, sempre con historias que contarnos. Iso
todo da coma resultado un disco coma este, dende o mítico cuarteto de gaitas ata o son das murgas, encargados de facer festa alí por onde van. Músicas que recordan aos antigos bailes das vilas onde a xente ía para troulear.

Moitos éxitos neste novo traballo discográfico dun ex-abóbrigo, e como diría Tino Gallego: Lume!

Prólogo de Rubén Troitiño

Abóbriga - Banner

Ler máis »

Danza das espadas – Baiona 2017

Pola tese doutoral do profesor Xabier Groba sabemos que Don Herminio Ramos escribe en xaneiro de 1921 a Casto Sampedro unha carta remitida a Pontevedra polo doutor Don José Viaño. Adxunto a ela, unha postal coa danza das Espadas de Baiona e, o máis importante, unha vella música que anota “es la más antigua que se conoce en esta villa”. Indica tamén que, “no se conocen en esta villa más danzas que las espadas, y esto gracias a un patrón antiguo que las aprendió de muchacho a su padre y las VOLVIÓ A RESUCITAR EN EL AÑO 1870 si no se hubiesen perdido”. Aquela música, en palabras de Don Herminio “amenizada por cuatro gaitas” foi a introducida maxistralmente polo amigo Rubén Troitiño ao inicio deste vídeo baixo a interpretación do grupo Abóbriga.

Anxo Rodríguez Lemos
Graduado en Historia pola Universidad de Santiago de Compostela

Danza das espadas
Unha imaxe da danza de espadas a principios do século XX | Anxo Rdguez. Lemos

Foliada en Baiona – Abóbriga

abobriga

“Foliada en Baiona” recolle 16 temas que se dividen entre pezas tradicionais e de composición propia, entre as que se recollen temas como “Muiñeira de Baiona”, “Ximauma”, “Pasodobre de Punta Balea” ou “Rumba da Balsa”, Ramón Pazos comenta que “este traballo é una homenaxe ó pobo que os veu nacer”. O disco leva moitos meses de traballo a suas espaldas e está financiado pola Concellería de Cultura de Baiona, a Comunidade de Montes da localidade, a Taberna Rianxeira, a Asociacion de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), o furancho A Balsa e a Asociación de Veciños do Casco Histórico de Baiona (CAHIBA).

ABÓBRIGA.png

Ler máis »