Arquivo da etiqueta: 2019

Serán O Fiadeiro ’19

A A. C. F. O Fiadeiro convida a todos os seus amigos e seguidores, outro ano máis, ó noso serán.

seran

Celebrarase no salón de actos da AA.VV. Santa Mariña de Cabral o sábado 26 de xaneiro a partir das 22:30 horas. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. E xa ben entrada a noite, ofreceremos chocolate ben quente para todos os asistentes.

Abrirán o serán os grupos da asociación e a continuación agardamos por todas aquelas agrupacións e músicos que veñan dispostos a continuar a festa.

Seguir lendo Serán O Fiadeiro ’19

Advertisements

Escola O Fiadeiro – 2018/19

Cursos Matriculación Horarios Calendario

Escola.jpg

Dende 1998 están a funcionar as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade primordial no que se refire á difusión da cultura tradicional e como un importante nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.

O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada.

Seguir lendo Escola O Fiadeiro – 2018/19