O “Proxecto Homenaxe” é unha idea orixinal de Rubén Troitiño que xurde a través da necesidade de facerlle unha homenaxe a toda persoa, grupo de música ou institución que dedicaron a súa vida á conservación e difusión da música tradicional galega sendo esta parte fundamenta da cultura e tradición de Galicia.
Neste proxecto poden participar tódolos músicos que teñan relación coa música tradicional e queiran contribuir a recordar parta da nosa historia. Unha das caraterísticas máis destacables deste traballo é o caracter altruista.
A continuación móstrase as bases para poder participar neste proxecto:
-
Cada músico só pode participar nunha gravación.
-
Máximo unha peza por homenaxeado.
-
Non aparecerán os nomes dos grupos participantes senon os membros que participen na gravación a título persoal.
-
Tódalas gravacións faranse cun carácter altruísta.
-
As gravacións colgaranse no portal SoundCloud de internet para unha libre escoita.
Máis información: rubentroitino@gmail.com
Homenaxe a Henrique Otero
Nesta gravación participan: Juan Pena, Luís Correa “Caruncho” e Carlos Estévez (gaitas), Xaime Estévez (acordeón), Luís Correa “Caruncho” (cunchas e pandeireta), Manuel Alonso (tambor) e Xosé Mª Gutierrez (bombo).
Homenaxe a Manolo “Rin Rin”
Nesta gravación participan: Tino Blanco Veiga (gaita en do), Félix Rodríguez (gaita en sol), Alba Faro Barros (bombo e bombo con pratos), Raquel Faro Álvarez (tambor e caixa), e Sandra Lorenzo Coballes (clarinete).
Homenaxe a Antonio Fraguas
Muiñeira para Antonio Fraguas adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo. Na gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de Pau, Os Trazantes de Tenorio, Foula e Os Abrentes de Cerdedo.
Autor: Rubén Troitiño
Composta co gallo do Día das Letras Galegas 2019
Artigo publicado na páxina da Real Academia Galega falando de Rubén Troitiño e da composición Muiñeira para Antonio Fraguas – Real Academia Galega