Composicións

VOLTAR ATRÁS

Neste apartado poderedes escoitar algúns dos temas de composición propia.


Muiñeira dos 25 e Vals do 94 – Pezas compostas co gallo do 25 aniversario da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo. A continuación poderédelas escoitar da man do seu grupo de gaitas:


Muiñeira para Antonio Fraguas – Adicada a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo co gallo do día das Letras Galegas 2019. Nesta gravación desta peza participan catro asociacións do concello de Cerdedo-Cotobade: Os Afoutes do Canón de Pau, Os Trazantes de Tenorio, Foula e Os Abrentes de Cerdedo.

Composta co gallo do Día das Letras Galegas 2019

simboloAcademia

Artigo publicado na páxina da Real Academia Galega falando de Rubén Troitiño e da composición Muiñeira para Antonio Fraguas –  Real Academia Galega


Muiñeira do deprimido – Adicada ao gaiteiro Carlos Estévez e incluída no primeiro traballo discográfico do grupo Abóbriga que leva por título Foliada en Baiona.


Canta a neniña pastora – Obra composta ano ano 2019 cun dos poemas de Avelino Cachafeiro do seu libro Voando cas aas da vida, co gallo do 50 aniversario da súa publicación, que leva por título “Canta a neniña pastora” (título orixinal do poema) e presentada na XL Festa do gaiteiro de Soutelo, festa na honra de Avelino Cachafeiro interpretada por Rubén Troitiño e Miguel González Diz (gaitas), Santiago Bernárdez (tambor), Juan Bautista Alberte (bombo), Noelia Ratel, Mariña Río, Yoli A. Ceide, Ramón Pazos, Diego Cabaleiro e Manuel Rodríguez (voces).