Ramón Xosé Lavandeira Limeres

VOLTAR ATRÁS

Ramón Xosé Lavandeira Limeres

Actual Concello Cerdedo-Cotobade

Tía Andresa.png

Ramón Xosé Lavandeira Limeres nacera no lugar da Revolta (Cerdedo) no mediodía do 1 de marzo de 1859.

Na actualidade consérvase un dos seus intrumentos, unha gaita feita polo artesán García de Riobó, do lugar da Estrada. Feita en madeira de buxo  e cunha afinación aproximada de Si bemol de toque pechado, unha das características máis destacables desta gaita é que as copas do punteiro e do ronco son de rosca como se pode apreciar nas fotografías.

A sona deste home coma músico e coma mestre de músicos xa fora destacada hai anos por Rodríguez Fraíz. O historiador refírse e a el empregando o segundo apelido de Durán dun xeito trabucado:

Labandeira Durán, Ramón. Músico e director de banda de música, nado no rueiro de Cabenca (Cerdedo) sobor do 1875. Home de fondo sentido artístico, dende rapaz tocou doadamente a gaita; fixo o servicio militar pola mariña en Ferrol, no reximento asisteu a escola de música acadando un posto na banda do Departamento, na que tocou algúns anos. En Cerdedo fundou e dirixeu unha academia e banda de música na que adeprenderon case que todos os rapaces e homes da bisbarra a tocar algún estrumento musical e ser membros da banda máis desexada da comarca, decote en loita artística coa dirixida polo mestre Francisco Cerdeira. Foron discípulos predileitos e sucesores na academia Manoel García e Xosé Bento García, que as dirixiron a falta do mestre. Academia e banda de música foron apagadas polo feixismo trunfante no 1936.

Como xa dixemos, o mestre de Cavenca nacera no 1859, e non no 1875, como escribía erroneamente Rodríguez Fraíz. Ramón era, polo tanto, dezaseis anos máis vello do que sinalaba o historiador. Tamén apunta o historiador que Lavandeira foi mestre de Manuel García e de Xosé Benito García. Como xa referimos nos respectivos capítulos adicados a estes dous futuros directores da Banda de Cerdedo, non desbotamos a posibilidade de que aprenderan música en Cavenca. Pero sabemos que Xosé Benito xa aprendera música dende rapaz animado polo seu pai e que García asistira antes a academia de Constantino Paz.

En canto ao apelido Durán, correspóndese en realidade ao da súa muller e polo tanto, ao segundo apelido dos seus fillos. Convén resaltar tamén que, a diferenza da grafía utilizada por Rodríguez Fraíz, o apelido dos Lavandeira de Cerdedo sempre aparece escrito con “v”, agás nalgunha páxina do Arquivo Parroquial de Cerdedo, na que aparece escrito con b (como no caso do bautizo dunha filla de Ramón, Dosinda, no 1889). Este apelido chegou a Cerdedo procedente de Vimianzo. Ramón era fillo de Xoán Lavandeira Moreira, orixinario de S. Miguel de Treos, parroquia da zona Este do Concello de Vimianzo, xa moi preto de Zas (no Arquivo Parroquial de Cerdedo figura que esta parroquia pertence a Corcubión). Xoán Lavandeira casou na Revolta de Cerdedo con Xosefa Limeres. Semella que o apelido Lavandeira desta familia está relacionado coa lugar de orixe, neste caso a aldea de Lavandeira, no mesmo Concello de Vimianzo, á que se chega collendo un desvío á esquerda na estrada que une Vimianzo con Dumbría. Outras posibles orixes deste apelido poden consultarse na escolma de materiais “Cerdedo” do escritor Carlos Solla.

Dende mozo, Ramón aprendeu música con Campio García, a carón doutros contemporáneos seus, coma Constantino Paz (1858), Andrés “de Isidro” (1860) ou Xosé Durán (1861). Tamén comezou a tocar a gaita sendo novo. Non puidemos saber quen foi o seu mestre: tal vez Manuel Paz ou “Cerdeira O Vello”. Pero daquela había outros moitos gaiteiros na bisbarra. Ramón chegou a ser un excelente gaiteiro. Segundo nos contou o músico Benito García:

O Sr. Lavandeira tivo moita sona coma gaiteiro no seu tempo. E foi para África. No barco que el andaba había banda, na mili aquela eran tres anos, e aprendeu a música. E cando veu foille aprendendo ós fillos e á xente.

Como tamén relataba Rodríguez Fraíz, Lavandeira fixo o servizo militar pola mariña en Ferrol. A pesares do que nos contou Benito, sabemos que Ramón xa tiña coñecementos de música cando ingresou no exército, pero foi alí onde acadou unha formación musical moi completa, ocupando un posto na Banda de Música do Departamento. Aínda que executaba con mestría varios instrumentos, adicouse principalmente ao clarinete. No documento reproducido na páxina seguinte, consta que no 1891 Ramón formaba parte da tripulación do afamado Acorazado Pelayo, onde exercía de músico militar. O Acorazado Pelayo foi un dos grandes buques da historia da Armada Española. Foi o único acorazado español do século XIX polo que era coñecido coma “O Solitario”, sendo o navío máis potente da Armada durante moitos anos. Na época que Ramón Lavandeira estaba enrolado neste barco, participou de xeito activo nas operacións navais de Marrocos para conter a rebelión do Rif no 1893. Lembremos que na biografía do tamén músico D. Fernando García Leiro, o historiador Fraíz chamaba a Lavandeira “veterano de todas las contiendas coloniales” (ver apartado 2.2.6).

Algúns anos despois, Ramón se enrolaría tamén coma músico noutro famoso navío, o cruceiro Reina Regente. O día 10 de marzo de 1895, no medio dunha unha fortísima tormenta, o barco afundía durante a travesía entre Tánxer e Cádiz. A traxedia aparece detallada por numerosos historiadores. José María Blanca Carlier fai a seguinte descrición da dotación do barco:

La dotación del «Regente» era de 372 hombres, pero en el momento de su desaparición llevaba 412, como ya hemos dicho. Su comandante ‐el quinto que había tenido‐ era el capitán de navío don Francisco Sanz de Andino Martí y segundo comandante, el capitán de fragata don Francisco Pérez Cuadrado. Contaba con 4 tenientes de navío, 4 alféreces de navío, 1 teniente de Infantería de Marina, 2 oficiales de Máquinas, 2 médicos, 1 habilitado‐contador, 1 capellán, 5 guardiamarinas, 7 contramaestres, 6 condestables (auxiliares de Artillería), 2 sargentos de Infantería de Marina, 4 cabos primeros, 3 cabos segundos, 2 cornetas, 34 soldados, todos del mismo cuerpo, y 330 marineros entre los que contaban varios aprendices artilleros. Dos marineros que perdieron el buque en Tánger y que quedaron en puerto temiendo un seguro arresto, fueron los únicos que salvaron la vida.

Esta mesma historia dos dous mariñeiros salvados case que de milagre aparece tamén na descrición dos feitos exposta por Luís Molla Ayuso:

En la mañana del día siguiente el práctico se presentó a bordo con idea de enmendar el fondeadero, pero por lo penoso de la faena se desestimó finalmente la maniobra. La embajada mora desembarcó en un remolcador del puerto corriendo grave peligro, pues para entonces el viento refrescaba ya del SW y la mar de poniente barría con fuerza las cubiertas del buque. Algún desembarco más, sin embargo, debió de producirse, pues no se entiende si no el hecho de que solo dos marineros sobrevivieran a la tragedia y precisamente por haber perdido el barco en Tánger. Parece más lógico pensar que debido al fuerte temporal no pudieran reembarcar después de haber bajado a tierra por alguna razón. El caso fue que, efectivamente, estos dos marineros fueron los únicos miembros de la dotación que conservaron la vida. Ambos continuaron prestando servicio, uno como repostero de guardiamarinas en el otro Regente y el segundo como panadero a bordo del Alfonso XIII.

Aínda que non chegamos a confirmar a identidade dos mariñeiros salvados da catástrofe do Reina Regente, parécenos probable que Ramón Lavandeira fose un deles, xa que, curiosamente, daquela se contaba en Cerdedo a historia de que Ramón fora un dos dous únicos sobrevivintes do naufraxio do barco no que andaba posto que, ao parecer, quedaran en terra tras unha longa noite de festa. O músico Pepe Iglesias, neto de Ramón, lembraba o episodio deste xeito:

O barco no que andaba Ramón afundiuse, e foi cando morreron os compañeiros todos. E salváronse dous que eran eles, o avó e máis outro. Foran de parranda e cando chegaran a porto, xa arrancara o barco. Perdérono e aquela noite afundiu. Non sei ben o que lle pasou, degradárono ou expulsárono da Mariña. Eu tiña oído iso pero non sei moi ben como foi exactamente.

Ao retirarse ao fin da vida militar, Ramón regresou a Cerdedo a comezos do século XX. Estableceuse en Cavenca coma mestre, coma se dicía naquel entonces, de “ensino e maxisterio”. Ademais, tamén impartía clases de música. Os comezos foron difíciles, pero co tempo chegou a ter máis de 40 alumnos. Axudoulle o feito de que o mestre nacional que había naquel entonces en Cerdedo era moi amigo de mallar na rapazada. D. Antonino, que así se chamaba o docente, era orixinario de Carballedo. E colleu fama ben fundada de zoscarlle moito aos rapaces e de non sacalos adiante. Pero foi dunha vez que lle propinou unha malleira a un neno que lle chamaban Pepe, fillo de Constantino de Evaristo de Cerdedo, cando a cousa fóiselle das mans. Pepiño era un rapaz dos maiores, dos que máis se aplicaban na escola. Non era mal alumno, e de feito chegou a médico, algo que daquela era aínda máis complicado ca hoxe en día. Pero un día volveu da escola coa cara marcada polas correas que tiñan para as bestas. Segundo lembraba o músico centenario Xervasio Bugallo, que viviu en persoa aquel episodio: “A xente horrorizouse daquela brutalidade e os poucos días moitos pais comezaron a cambiar aos nenos para a escola de Cavenca. Eu e mailo meu irmán Severino fomos os primeiros que saímos para Cavenca. E canda nós foron os outros.”

Así, a escola foise enchendo de alumnos e Ramón Lavandeira foi gañando fama de mestre bo e paciente. Seguindo co que nos contaba Xervasio Bugallo:

Os rapaces viñan de Barro, de Arén, de Abelaíndo, de Viduido, de Lourido, de Chamadoira, de Pedre, de Cavenca, da Revolta, de Cernados. De Cernados viña Canabal, non máis. Pero de Barro de Arén viñeran todos. De Abelaíndo, todos tamén. Da Cavadosa tamén había algún. Eu e máis meu irmán Severino pagabamos 6 reais cada mes, e estaban ben pagados. Pode dicirse que o Sr. Lavandeira sacou adiante o 100 por 100 dos chavales. Todos sabían ler e escribir. O Sr. Ramón era moi intelixente, moi disposto e ademais tiña moitas letras, era moi culto. A min me ensinou moito.

Algo semellante nos contou outro músico case centenario, Antonio Varela:

Á escola de Ramón viñan os rapaces de todos lados, porque era un bo mestre e os mestres do Estado que había daquela non valían nada. Só se preparaban dous anos. O Sr. Valiñas aprendeu alí con el tamén. Non lle daba importancia o de escribir con h ou se tiña que ser b ou v. Pero ó que lle daba moita importancia era a que a letra tiña que ser moi igualadiña. Entonces, facía dúas liñas e non podían saír delas. A Valiñas, só polo xeito de escribir xa se sabe que foi a escola dalí.

Na súa escola, Ramón tamén lle aprendía música aos rapaces, polo que moitos deles, que xa ían a academia en Cerdedo, completaron a súa formación musical en Cavenca. Aínda así, moitos deles seguían tocando na banda de Cerdedo, coma foi o caso do propio Xervasio Bugallo. Co tempo, Lavandeira foi formando a súa propia banda de música. E sacou adiante a moitos músicos porque, ademais de bo ensinante, non cobraba nada polas clases de música. Coma el dicía:

Despois xa se verá coma xuntar cartos para mercar os instrumentos.

Cóntase do O Sr. Lavandeira que cando ían tocar por aí, o pan de trigo que sobraba da comida metíao nunha saqueta e dáballo aos rapaces para que lle cargaran con el no camiño de volta. Ao chegar, quitáballo e levábao el para almorzar toda a semana. Pero dunha vez que viñan de tocar de cara de máis alá de Folgoso, os músicos fóronlle comendo o pan mentres viñan andando. Cando chegaron a Cerdedo non quedaba nin unha codia, e Lavandeira comezou a berrar contra os rapaces deste xeito:

Onde está o pan, marruecos?

Ramón Lavandeira foi, por riba de todo, unha excelente persoa, segundo a xente que o coñeceu. Pero iso non evitou que moitos músicos doutras bandas da provincia tivesen certa envexa e mesmo se incomodaran con el nalgunha ocasión. Ramón tiña unha ampla formación musical e un oído excepcional. Ás veces acudía a Pontevedra a ver algunha banda e chegaba a chamarlle a atención a músicos considerados tamén moi bos:

E logo ti como deches esa nota tan discordante?

Destacar tamén que Ramón ocupou o posto de Secretario no Xulgado de Paz de Cerdedo dende o 1 de decembro de 1906 ata o 31 de xaneiro de 1910. Previamente exercera de porteiro no Concello, dando recados avisos e outras tarefas acordes co posto.

Como xa adiantamos, no 1922 sufriu un ataque de apoplexía que o deixou incapacitado para a música. Nas verbas de Xervasio Bugallo:

No ano 22 doulle un ataque e quedou paralizado. Por iso deixou de tocar. Eu respeteino ata cando xa case non se valía nada, que andaba cun bastonciño que lle dera un ataque. Aquelo baldouno de todo.

Na obra “As Bandas de Música de Galicia”, o escritor Enrique Alvarellos inclúe o seguinte texto en relación coa Banda de Cavenca:

Cavenca (1922‐1933): Desde Cerdedo, se divisa perfectamente la parroquia de Cavenca, no más distante de dos kilómetros. Allí fundó su banda, en 1922, Ramón Lavandeira, y con él desaparecion diez años más tarde, en 1933, después de haber luchado en vano por hacerle la competencia a la de Cerdedo. Lavandeira había sido músico de Infanería de Marina. Formó a unos cuantos músicos que llegaron a tocar bastante afinados, pero sin salirse de las parroquias inmediatas. Un buen día se convenció de que en el arte no tenía un gran futuro, y abandonó todo, y no hubo más banda en Cavenca.

Ramón estivo casado con Constanza Durán, de Caroi (Cotobade), curmá do músico Xosé María Durán. Ramón e Xosé sempre se levaron moi ben. Segundo nos contou o neto de Xosé, Xulio Durán:

O Sr. Lavandeira casara cunha prima do meu avó, Constanza, que era de Caroi e veu con el para Cavenca. E viñan moito pola casa, meu avó foi compadre de Ramón mentres puido cos pantalóns.

O mestre Ramón, que segundo foi pasando o tempo comezou a ser coñecido en Cerdedo polo alcume de “Lavandeira O Vello” finou o 11 de Marzo de 1932. Un día de loito para a música da Terra de Montes.

*Texto: As bandas de música de Cerdedo (Autor: Manuel Campos Toimil)

Liña de sucesión

Ramón X. Lavandeira -> María Lavandeira -> Pura Lavandeira -> Jose Luis Troitiño -> Rubén Troitiño

Jaime Barreiro Ouro

VOLTAR ATRÁS

Nado en Sorribas o día 6 de agosto de 1977.  Chegou a tocar a gaita con Jesús Campos tendo un dúo co nome de Jesjai, dado pola suma dos seus nomes. Jaime ademáis de tocar a gaita tamén foi acordeonista.

Festa das Dores en Forcarei - 1950Jaime Barreiro tocando xunto aos xigantes en Forcarei – Anos 50

Cristina da Murada, Jaime Barreiro, Avelino Alberte e Manuel Barreiro - 1957 (Torre da Barciela)Cristina da Murada, Jaime Barreiro, Avelino Alberte e Manuel Barreiro – 1957
(Torre da Barciela)

Manuel Cabada Muras

VOLTAR ATRÁS

Manuel Cabada Muras, coñecido tamén coma o gaiteiro de Seoane. Nado o 22 de xuño de 1909 no lugar de Seoane, parroquia de Meavía (Forcarei). Manuel ademáis de tocar a gaita tamén foi acordeonista.

O gaiteiro de Seoane, Manuel Cabada acompañado ó tampor por Gerpe - Anos 50
Acompañado ó tampor por Gerpe – Anos 50

Manuel Cabada - 1932Ano 1932

Imaxe do gaiteiro de Seoane co acordeón e Cumbelita coa pandeireta no ano 1936
Co acordeón e “Cumbelita” coa pandeireta no ano 1936

Cabada, o gaiteiro de Seoane tocando nunha romería nos anos 50
Tocando nunha romería nos anos 50

Sección Femenina

VOLTAR ATRÁS

A «Sección Femenina» foi a rama femenina do partido Falanxe Española e posteriormente de «FET de las JONS». Foi constituída en Madrid en 1934 e chegou a funcionar durante corenta anos, desfacéndose tala morte do Xeneral Francisco Franco e a conseguinte desmontaxe do réxime.

A continuación poderedes observar unhas fotografías dos anos 60 tanto no antigo Concello de Cerdedo (actual Concello de Cerdedo-Cotobade) coma no Concello de Forcarei, tanto no mesmo lugar de Forcarei coma en Soutelo de Montes.

Cerdedo - Anos 60Cerdedo

Soutelo de Montes - anos 60Soutelo de Montes

Forcarei IForcarei

Forcarei II
Forcarei

 

Revistas: Cotaredo e Metacios

VOLTAR ATRÁS

RochiA continuación poderedes descargar as revistas Cotaredo (editadas polo Concello de Forcarei) e Metacios de Francisco Rozados “Rochi”, unha ollada cultural ao concello de Forcarei, editadas entre os anos 1998 e 2013.


COTAREDO

METACIOS