“Non hai fallo”, o novo disco de Abóbriga

O novo disco do grupo Abóbriga, que leva por título Non hai fallo, xa está a venda dende finais do mes de outubro deste 2019. O disco, gravado en ChisPún! Estudios por Rubén Troitiño conta con 16 temas dos cales 11 son cantados, ademáis de un amplo repertorio de composicións propias do grupo.

Xa pasaron uns anos daquel Foliada en Baiona, o primeiro disco do grupo Abóbriga, pero ollo… Non hai fallo, onde hai un primeiro tamén hai un segundo, ademáis cunha dedicatoria moi especial tanto para o grupo coma para todos os amantes da música
tradicional da zona de Vigo e arredores.

Cando falamos de Abóbriga falamos de música de raíz, con personalidade propia, repertorio popular e tamén con temas persoais que reflicten o aire que teñen as composicións que xa consideramos de corte tradicional. Todo elo cunha mestura de gaitas e percusión tradicional sumadas a unha base harmónica proporcionada polo acordeón e dous instrumentos máis xogando coas propias melodías, desfacéndoas e propoñendo outras novas dentro da principal, sen esquecernos das voces, sempre con historias que contarnos. Iso
todo da coma resultado un disco coma este, dende o mítico cuarteto de gaitas ata o son das murgas, encargados de facer festa alí por onde van. Músicas que recordan aos antigos bailes das vilas onde a xente ía para troulear.

Moitos éxitos neste novo traballo discográfico dun ex-abóbrigo, e como diría Tino Gallego: Lume!

Prólogo de Rubén Troitiño

Abóbriga - Banner

Ler máis »