Arquivos da categoría NOVAS

Escola da ACF O Fiadeiro 2016/17

Xa está aberto o prazo de matrícula para a Escola da ACF O Fiadeiro de Vigo.

Dende 1998 están a funcionar as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade primordial no que se refire á difusión da cultura tradicional e como un importante nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.

O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada.

Seguir lendo Escola da ACF O Fiadeiro 2016/17

Advertisements

Ácido Folclórico – Xurxo Jachía

Xurxo García, máis coñecido como XurxoJachía presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega, compostas e gravadas polo propio gaiteiro de San Andrés de Comesaña e o seu grupo GaitaCia. Ton e Son Editorial e ChisPún! Estudios produciron esta nova publicación en formato libro/CD, incluindo transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista.

Seguir lendo Ácido Folclórico – Xurxo Jachía

Heiche de contar un conto

Gravación realizada por nais e alumnos do Colexio Possumus (Vigo) nas aulas de música tradicional.

Participaron nestra gravación: Zaira R. Moreira, Julia Nogueira, Iria Gorrita, Paula Bosch, Eva Collazo, Sofia Silva, Eva L. Pereira, Marina Collarte, Loli Gómez e Lorenzo Pérez.

Tema orixinal incluído no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ. María Fumaça, Editorial Galaxia (2014).