MÚSICO

Titulado en Grao Profesional de Gaita Galega polo Conservatorio Profesional de Música de Vigo co mestre Xosé L. Miguélez, obtendo o Premio Extraordinario Fin de Grao no 2011.

Traxectoria musical sempre vencella á música tradicional galega, formando parte de diversas asociacións culturais, coma pode ser O Fiadeiro de Vigo, ou grupos de música tradicional/folque, coma na última etapa do grupo Quempallou.

Rubén Troitiño nace o 6 de Febreiro do ano 1988. As súas primeiras nocións de gaita foron da man do seu pai José Luís Troitiño, e as primeiras de música,  no ano 1993, da man do mestre Avelino Alberte Fírvida (sobriño de Avelino Cachafeiro), en “Os gaiteiros de Soutelo”, grupo feito na honra de Avelino, onde aprendeu gaita galega, percusión tradicional e linguaxe musical. Neste grupo estivo ata o ano 2000, no que se desfixo esta formación. Entre os anos 1995 e o 2000 estudou na academia de música “Anacrusa”, en Vigo, nas modalidades de piano, técnicas vogais e linguaxe musical. Ao ano seguinte, 2001, entra no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, na especialidade de Gaita Galega. Ademáis da gaita, tamén toca outros instrumentos coma a percusión tradicional, dende o 1995, o clarinete, que o empeza a estudar no ano 2005 ou o saxofón (soprano, alto e tenor), dende o 2006. Impartiu diversos cursos de iniciación e perfeccionamento de gaita galega así coma concertos didácticos.

A súa formación complementouse con:

  • I Curso de técnicas de interpretación dos Gaiteiros de Soutelo impartido por Juanjo Fernández – 2007
  • Curso de afinación para Gaita Galega impartido por Juan Casalderrey – 2007
    Curso impartido no Conservatorio Profesional de Música de Vigo os días 23 e 30 de abril sendo a duración total do curso 10 horas lectivas.
  • Curos de control da ansiedade escénica impartido por Guillermo Dalia – 2011
    Curso impartido no Conservatorio Profesional de Música de Vigo do 29 de abril ao 1 de maio sendo a duración total do curso 20 horas lectivas.
  • Curso de técnica vogal aplicada ao canto coral impartidos por Tamara Brooks
    Cursos impartido no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
  • Curso de técnica vogal aplicada ao canto coral impartidos por Teresa Paz
    Cursos impartido no Coro Miñoca ma non toppo.

ACTUALIDADE

  • Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo – Dende o ano 2000
    Membro da “A. C. Os Abrentes de Cerdedo” dende o ano 2000 e Presidente dende o ano 2009.
  • Mestre de gaita na escola da A. C. F. O Fiadeiro de Vigo – Dende o ano 2011
  • Cuarteto de gaitas tradicionais O Rapacarallas de Vigo – Dende o ano 2007

DOCENCIA E DIDÁCTICOS

Concertos didácticos

  • Concertos didácticos sobre a música tradicional – 2009/actualidade
  • Concertos adicados a achegar a música tradicional aos colexios e institutos.

Docencia

  • Clases de gaita galega na Asociación Veciñal Praza da Miñoca (Vigo) – 2008/10
  • Clases de gaita galega na A. C. F. O Fiadeiro (Vigo) – 2011/actualidade
  • Clases extraescolares de música tradicional no Colexio Possumus (Vigo) – 2015/17
  • Clases extraescolares de música tradicional no CEIP Frian (Vigo) – 2016/17

ASESORAMENTO

Festivais de música

  • XXX Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei) – 2009
  • XXXI Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei) – 2010
  • XXXVIII Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei) – 2017

PUBLICACIÓNS

Artigos en revistas

  • Fol de veleno, revista de Etnografía e Historia de Galiza – 2010
    Nº1 – Artigo sobre o mestre de música cerdedense Ramón José Lavandeira Limeres.

Blogue de música tradicional

Libros

  • As bandas de música de Cerdedo do autor Manuel Campos – 2010
    Colaborador xunto con Xosé Luis Troitiño no libro “As bandas de música de Cerdedo” do autor Manuel Campos.

Gravacións – discos, DVD´s e televisión

  • A. C. Os Abrentes de Cerdedo e as Pandeireteiras de Barro de Arén – 2009
    Gravado no estudio “Phonos” de A Estrada.
  • A. C. Os Abrentes de Cerdedo – 2009
    Gravación para o programa da Televisión de Galicia (TVG) Alalá.
  • “Realidades Alientantes…” do grupo Dakidarría – 2010
    Disco – Colaboración xunto con membros do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (CPMV).
  • A. C. F. O Fiadeiro de Vigo – 2010/14
    Disco – Gravacións nos estudios Arte Dixital (Mos) e ChisPún! Estudio (Vigo).
  • “Foliada en Baiona” do grupo Abóbriga – 2012
    Disco – Gravado no estudio “Casa de Tolos” (Gondomar – Pontevedra).
  • DVD de Abóriga en directo – 2012
    Gravado polo estudio móbil de “Casa de Tolos” para a canle Tolemias de R. Tolemias é unha canle de contidos musicais dispoñibles baixo demanda que xurde da unión de Cinfo (empresa especializada en contidos e desenvolvementos para televisión) e Casa de Tolos. En Tolemias poderás atopar concertos e outros contidos relacionados coa música en directo. Actualmente dispoñible en tv R.
  • “De oficios e lavores Vol.1” do grupo O Fiadeiro- 2013
    Disco – Gravación en directo no teatro “Novacaixagalicia” de Vigo polo estudio móbil de “Rec Estudios”. Mesturado por “ChisPún! Estudio”. Producción “Ton e son editorial”, deseño gráfico de Iago Barreiro e música de O Fiadeiro.
  • DVD Karaoke Popular – 2013
    Gravado por ChisPún! Estudio, producido por Ton e Son Editorial para Inquedanzas Sonoras. Os arranxos dos temas foron elaborados e gravados por Rafa Crespo, Rubén Troitiño e Suso Atanes.
  • “A viaxe de José do Campo” do grupo O Fiadeiro – 2014
    Libro + Disco. Gravado por ChisPún! Estudio, producido por Ton e Son Editorial para A. C. F. O Fiadeiro.

CONCURSOS E PREMIOS

  • Finalista e 4º Posición no “IX Concurso de música tradicional Avelino Cachafeiro” – 2007
    Gaiteiro solista, acompañado co tambor por Edelmiro Fernández.
  • Finalista do “I Concurso de cuartetos tradicionais” de Luou – 2007
    Organizado pola A. C. A Mámoa, co cuarteto de gaitas tradicionais “O Rapacarallas” de Vigo.
  • 2º Premio na categoría “Grupo Popular” no “51 Certamen Nacional de Acordeón” – 2008
    Organizado pola “Asociación Galega do Acordeón”, cun dúo de gaita galega e acordeón, con Roberto Comesaña.
  • Finalista e 5º Posición no “X Concurso de música tradicional Avelino Cachafeiro” – 2008
    Gaiteiro solista, acompañado co tambor por Iago Barreiro.
  • 1º Premio no “VI Concurso de maquetas de música da Universidade de Vigo” – 2008
    Modalidade de “música folk” co grupo “A gharrapata”, con Roberto Comesaña.
  • Xurado no “VI Concurso de música tradicional Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón” – 2009
  • Premio Extraordinario Fin de Grao Profesional na especialidade de Gaita Galega – 2011
    Conservatorio Profesional de Musica de Vigo.
  • Finalista nos III Premios Martín Códax da Música con “O Fiadeiro” – 2016
    Músico da charanga/orquestra e técnico de son nas gravacións das publicacións.

EXMEMBRO, COLABORACIÓNS OU COMA SOLISTA

  • Pandeireteiras de Barro de Arén – 2004/09
    Gaiteiro (gravación – gaita, tambor e bombo).
  • Grupo de música folk O Regato de Matamulleres (A Estrada) – 2006
    Clarinetista.
  • Cuarteto tradicional de gaitas Axóuxere (Vigo) – 2006
    Percusionista tradicional.
  • Concerto-Homenaxe ás “Pandeireteiras de Barro de Arén” (Teatro Principal – Pontevedra) – 2006
    Gaiteiro solista. Nesta homenaxe participaron “Os Abrentes de Cerdedo”, “Tear de Llerena”, “Donicelas”, “Xirandola” e “Leilía”.
  • Grupo Tradicional de Danzas Noutrora (Vigo) – 2006/07
    Percusionista tradicional.
  • Asociación Folclórica Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) – 2007
    Gaiteiro. Gala do 85 Aniversario.
  • Polafía realizada en Cerdedo –  2007
    Gaiteiro solista. Proxecto da “Asociación de Escritores en Lingua Galega” (AELG) co patrocinio da “Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura”.
  • Grupo de música tradicional Foula (Pontevedra) – 2007/08
    Saxofonista (saxofón soprano e alto).
  • Charanga Vai de Baile (Luar da Televisión de Galicia) – 2007/08/09
    Saxofonista (saxofón soprano), percusionista e técnico de son. Programa de televisión “Luar” da CRTVG (Compañía de Radio Televisión de Galicia).
  • Asociación Veciñal e Cultural “Casco Vello” (Vigo) – 2008/09/10/11
    Clarinetista, percusionista e gaiteiro. “Festa da reconquista da vila de Vigo” e “Festas dos Maios”.
  • Grupo de música tradicional Paidacana (Poio) – 2008/09
    Gaiteiro. Dirección musical: Óscar Ibáñez.
  • Presentación da “XXIX Festa do Gaiteiro de Soutelo” (Soutelo de Montes – Forcarei) – 2008
    Gaiteiro solista. Festa na honra do gaiteiro Avelino Cachafeiro, “O Gaiteiro de Soutelo”.
  • Asociación cultural de Baiña – 2008
    Percusionista tradicional.
  • Lembranzas Galegas (Vigo) – 2008
    Saxofonista (saxofón soprano).
  • Asociación “Centro Comercial Urbano Zona Monumental” (Pontevedra) – 2008
    Saxofonista (saxofón alto). Co patrocinio da “Consellería de Innovación e Industria”, nas visitas teatralizadas “Boa Vila dende o Camiño Xacobeo” na cidade de Pontevedra.
  • Art-Monium, Compañía de espectáculos e teatro de rúa – 2009
    Saxofonista (saxofón soprano).
  • Foles vellos – 2009
    Saxofonista (saxofón soprano).
  • Co músico de blues Eddie Evans (Eddie “el zurdo”) xunto cos músicos de “Phantom Club” (Vigo) – 2009
    Saxofonista (gravación – saxos alto e tenor).
  • Grupo de danza da asociación Rueiro (Vigo) – 2009
    Percusionista tradicional.
  • Asociación Folclórica Corisco (Vigo) – 2009 e 2012
    Saxofonista (saxofón soprano e alto). No ano 2012 colaboración no 25 aniversario da asociación.
  • Presentación da “XXX Festa do Gaiteiro de Soutelo” (Soutelo de Montes – Forcarei) – 2009
    Gaiteiro solista. Festa na honra do gaiteiro Avelino Cachafeiro, “O Gaiteiro de Soutelo”.
  • Asociación Cultural A Seneira (Baiona) – 2010
    Gaiteiro. “Festa da arribada 2010”.
  • Dakidarría (Val Miñor – Pontevedra) – 2010
    Saxofonista (directo e gravación – saxofón soprano). Grupo de Punk/Ska/Reggae. Colaboración xunto con membros do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (CPMV). Disco: “Reallidades Alienantes…”.
  • Concerto fin de carreira do músico Rafael Crespo – 2012
    Conservatorio Superior de Música de Vigo. Colaboración no concerto fin de carreira do músico Rafael Crespo (especialidade gaita galega) xunto con músicos coma Xurxo Fernández, Lucía Comesaña, Armando Viñas, Ánxela Vidal, Lucía Martínez, Paulo González…. Saxofón alto (Charanga “O Fiadeiro”) e canto vocal (baixo – peza tradicional, “Ronda dos mozos de polaina enteira” recollida en Florderrei (Cancioneiro das Terras do Riós), arranxada por Rafael Crespo).
  • Charanga tradicional Os Xirifeiros (Carríl – Pontevedra) – 2010
    Saxofonista (saxofón soprano). Colaboración xunto cos músicos: Rafael Crespo, Ánxela Vidal, Cristian Silva e Alberto Costas.
  • Con Marta Quintana (arpa, ex-“sete saias”) – 2010
    Saxofonista (gravación – saxos alto e soprano).
  • Escola municipal de teatro de Vigo (Visitas teatralizadas ao casco histórico de Vigo) – 2010
    Gaiteiro e percusionista. Colaboración coa “Escola municipal de teatro de Vigo” nas visitas teatralizadas ao casco histórico de Vigo co motivo da celebración do bicentenario da cidade (plan de competitividade turística de Vigo, turismo urbano e de ría).
  • Kallaikoi – 2010
    Saxofonista (saxofón tenor). Colaboración co grupo de Punk/Rock “Kallaikoi” de Baiona (Pontevedra).
  • Charanga CostameKrelos (Bembrive – Vigo) – 2013
    Saxofonista (saxofón alto).
  • Coro do Conservatorio Profesional de Música de Vigo – 2013
    Canto coral (baixo). Colaboración co Coro do Conservatorio Profesional de Música de Vigo no auditorio David Russell do CMUS Profesional de Vigo co motivo da celebración do X Aniversario. Neste concerto estreouse a versión completa para banda e coro do “Himno a Vigo”, con música do mestre Reveriano Soutullo e letra de Pío L. Cuíñas, todo iso baixo a dirección de Juan Carlos Díaz.
  • Co cantautor Urbano Cabrera – 2013
    Gaita e percusións. Colaboración co cantautor baionés Urbano Cabrera xunto co grupo Abóbriga.
  • “Un río de músicas pola paz” da Orqustra Xove 430 – 2016
    Canto Coral (baixo). Celebrado no Auditorio Mar de Vigo. Un programa de Primavera 2016 protagonizado pola orquestra Xove 430 e un coro efímero e participativo baixo a batuta de Julio Domínguez e Irene Gómez.
  • Coro Miñoca ma non toppo de Vigo – 2009/16
    Exmembro – Membro fundador. Director: Ángel A. Montes.
  • Charanga de música tradicional Abóbriga de Baiona – 2008/16
    Exmembro – Saxofonista.
  • Charanga/Orquestra O Fiadeiro, músico titular – 2007/16
    Exmembro da “Charanga/Orquestra O Fiadeiro” – saxofonista e colaborador coma gaiteiro e percusionista.
  • Grupo de música folk Quempallou – Fin da formación 2016
    Gaiteiro e clarinetista.
Advertisements