Todalas entradas de rubentroitino

Web de Rubén Troitiño. Mestre en Educación Primaria, Grao Profesional de Gaita Galega e Titulado Superior de Son.

Cerdedo, terra de músicos!

Gaitas antigas.jpg

Dende fai uns anos veño facendo unha catalogación de gaiteiros da zona de Terra de Montes, máis centrada nos concello de Cerdedo e Forcarei.

No día de hoxe teño unha lista duns 40 músicos relacionados coa música tradicional (gaiteiros, percusionistas, etc). Escribo isto por se algún de vós ten recordo dalgún gaiteiro da zona.

Ademáis disto estou tamén recuperando instrumentos antigos (gaitas, acordeóns, percusións…) para que non se perdan.

Advertisements

Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó

Campaño.png

O pasado sábado 19 de decembro na ACF O Fiadeiro tivo lugar a presentación da colección de libros Chave Mestra con especial atención ao último número sobre Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó.

Neste acto estiveron presentes Ramón Pinheiro Almuinha, director artístico d’aCentral Folque e coordinador da edición; o musicólogo Xavier Groba; e Óscar Ibáñez, coautor do libro sobre Tilve.Nesta presentación tiven a honra de poder acompañar a Óscar Ibáñez co tambor que interpretou algúns temas coa gaita orixinal de Manuel Villanueva, unha xoia organolóxica do século XIX, gaita tombal que pertenceu ao propio Xoán Tilve. Seguir lendo Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó

Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei

ADELINO PICHEL.png

Dende ven pequeno teño unha forte ligazón co mundo da música tradicional, en especial coa Terra de Montes.

O centro galego de música popular aCentral Folque ven de editar un libro/cd dun gaiteiro desa zona: “Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei” do autor Juanjo Fernández. É un verdadeiro pracer poder aparecer nos agradecementos desta publicación.

A verdade é que Terra de Montes é unha comarca moi rica en folclore tradicional, lendas, historias… aínda queda moito por escribir e aprender desa zona.

Escola da ACF O Fiadeiro 2015/16

Logo-color.png

Xa está aberto o prazo de matrícula para a Escola da ACF O Fiadeiro de Vigo.

Dende 1998 están a funcionar as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade primordial no que se refire á difusión da cultura tradicional e como un importante nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.

O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada.

Seguir lendo Escola da ACF O Fiadeiro 2015/16

Tradicionalmente – Carlos Estévez

carlos-estevez

Carlos Estévez presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega, compostas e gravadas polo propio gaiteiro vigués.

Ton e Son Editorial e ChisPún! Estudio produciron esta nova publicación en formato libro/CD, incluíndo transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista. No CD podemos atopar unha selección de 12 temas, dos 20 que presenta o libro, gravados íntegramente por Carlos Estévez.

Curso de iniciación á gravación

Este curso vai dedicado a toda a xente interesada en iniciarse no mundo da gravación. Ademais de dar a coñecer a configuración dun home studio e o uso básico do programa de audio, unha das propostas que se fai é que todo aquel que estea apuntado e sexa músico se lle mostrará como microfonear o seu instrumento e cómo gravalo.

INSCRICIÓN

Prezo socios: 30€ || Prezo non socios: 35€

Data límite e lugar de inscrición e realización do curso: Mércores 17 de xuño.

ACF O Fiadeiro (Rúa Xesús Fernández, nº 3, Baixo)

Preinscrición: no 629 585 355 / 986 253 585 Mail: ofiadeiro@ofiadeiro.com