AULAS

voltar-atracc81s-1

As aulas descritas a continuación poderán ser individuais ou colectivas (grupos creados para as mesmas ou colectivos xa existentes coma asociacións culturais, grupos de música, etc). Ademáis disto, poderanse impartir de maneira presencial ou virtual (mediante a utilización de diversas plataformas virtuais).

GAITA GALEGA

Tanto iniciación coma perfeccionamento. Nestes cursos trataranse diferentes campos do instrumento:

  • Coñecemento do instrumento (teórico)

Partes da gaita, elementos sonoros da gaita, tipos de gaitas empregadas en Galicia, diferentes formacións musicais…

  • Coñecemento do instrumento (teórico-práctico)

Afinación, tempero, dixitación, ornamentación…


“CHARANGA TRADICIONAL”

Tanto iniciación coma perfeccionamento. Nestes cursos trataranse diferentes campos desta formación:

  • Coñecemento da formación (teórico)

Como xurdiron este tipo de formacións, papeis que desempeñan cada un dos instrumentos dentro desta formación, tipo de repertorio empregado, instrumentos que se empregan nestas formación…

  • Coñecemento da formación (teórico-práctico)

Afinación dos diferentes intrumentos, papeis que desempeñan cada un dos instrumentos, a gaita galega dentro desta formación, tipo de repertorio empregado…


GRAVACIÓN DE AUDIO

Iniciación ao mundo da gravación enfocado tanto a nivel individual coma a grupos (asociacións culturais, conservatorios de música…).

Estas clases están orientadas á creación dun home studio. Nestas clases trataranse diferentes campos: ferramentas necesarias para unha gravación, tipos de microfonía, tomas microfónicas, práctica de gravación con instrumentos reais, práctica de edición e mestura, Pro Tools…