José Fírvida Cachafeiro, “Maduro”

VOLTAR ATRÁS

José Fírvida Cachafeiro fillo de Isabel Cachafeiro e de José Fírvida, naceu en Soutelo de Montes o 24 de abril de 1.926. Coñecido coma Maduro, estaba predestinada a adicarse á música, pois naceu no seo da familia Cachafeiro. O seu parentesco co gaiteiro e as súas raíces soutelás sempre foron un gran orgullo para el.

Os seus primeiros pasos na música na súa primeira infancia viñeron da man dos seus tíos, chegando a acompañalos tocando o bombo ou o redoblante. Aprendeu tamén acordeón e solfexo na casa de Poceiro no anos 40, en Pontevedra e, na súa mocidade, montou con José Gulías Picón, Caladiño, o seu primeiro grupo. Os dous eran integrantes da orquestra Changüí.

Aos 19 anos coñeceu á que sería a súa muller, Enriqueta, de Cachafeiro. Casaron catro ano máis arde e emigraron a Venezuela. Alí, Maduro e o seu tío Castor mantiveron viva a música galega, xa que eran convidados a participar nas festas e actividades culturais que se festexaban, xunto co seu cuñado José Barreiro e, nalgunhas ocasións, dous veciños cerdedenses. Chegaron a participar en importantes eventos como a inauguración do Estadio Olímpico de Caracas no ano 1954.

Os veciños e veciñas recordan a Maduro como unha persoa de grandes inquietudes, con ganas de facer moitas cousas, non só no ámbito musical. Así, compaxinou a súa faceta musical coa empresarial. Comezou traballando como repartir de cervexa en 1951 pero enseguida se converteu no supervisor de ventas nunha empresa de aceite e manteiga.

No seu regreso a Galicia nos anos 60, Maduro asentouse coa súa muller na cidade de Pontevedra, adicándose ao transporte de mercancías. Foi tamén un dos primeiros taxistas da cidade.

Pero a súa paixón pola música, a súa personalidade emprendedora e o orgullo que sentía de ser sobriño do Gaiteiro, do que adquiriu tamén coñecementos sobre ebanistería, fixeron que montara un pequeno obradoiro de gaitas en Soutelo de Montes cando lle chegou a xubilación.

Un dos días máis importantes da vida para Maduro foi a inauguración do monumento aos Gaiteiros de Soutelo no ano 1.980, tal era a admiración e o orgullo que sentía por eles e a súa música. Alí, xunto coa súa irmá Carolina e a súa nai Isabel, viviron como os emigrantes de Venezuela homenaxeaban aos Gaiteiros.

Maduro que era unha persoa moi positiva e que contaxiaba a súa alegría ala por onde ía. Así o recordan na última etapa da súa vida, cando acompaña aos Diplomáticos do Acordeón, cos que fixo actuacións por Galicia, gravaron un disco e apareceron na Televisión de Galicia.

No ano 2.009, outorgáronlle a Maduro a medalla do Gaiteiro de Soutelo, pola súa posta en valor do legado do seu tío. Así completou a etapa que comezara na súa nenez da man do seu tío, e que chegara ao seu fin sendo o herdeiro oficial do legado musical e cultural de Avelino Cachafeiro. 

Maduro faleceu apenas un ano máis tarde, o 18 de febreiro do 2.010.


FOTOGRAFÍAS

Na primeira fotografía podemos ver a Maduro xunto a José Gulías Picón (Caladiño) cos acordeóns. Na segunda xunto a Avelino Cachafeiro e o seu surtirdor de gasolina en Soutelo de Montes. E por último, podemos ver o trío formado por Barreiro, Armada e Maduro en Venezuela nos anos 50.

A primeira e a terceira foron publicadas na revista Cotaredo número 7 no 2004 e a segunda no número 13 no 2010. Revista editada polo Concello de Forcarei baixo a coordinación de Francisco Rozados.

Maduro xunto a José Gulías Picón (Caladiño). A segunda foi publicada na revista Cotaredo número 7 no 2004. Revista editada polo Concello de Forcarei baixo a coordinación de Francisco Rozados.

Na primeira fotografía xunto a Avelino Cachafeiro e o seu surtirdor de gasolina en Soutelo de Montes, e na segunda podemos ver o trío formado por Barreiro, Armada e Maduro en Venezuela nos anos 50.

A primeira fotografía foi publicada no número 13 do ano 2010 e a segunda no número 7 do 2004 da revista Cotaredo. Revista editada polo Concello de Forcarei baixo a coordinación de Francisco Rozados.

Dúas instantáneas da voda de Maduro en 1951. A primeira con algúns convidados e a segunda co seu padriño, Avelino Cachafeiro (o gaiteiro de Soutelo). Publicadas na revista Cotaredo número 14 no 2011 polo Concello de Forcarei baixo a coordinación de Francisco Rozados.

Fotografías tocando en Venezuela. Na primeira podemos ver a Francisco Viéitez coñecido coma Barrecho, integrante dos Gaiteiros de Soutelo cando finara Bautista e a José Barreiro ao bombo.

Na segunda está Maduro xunto a Julio Durán, músico de Cerdedo, José Barreiro ao tambor e José Durán Cheché, tamén de Cerdedo.

Tamén podemos atopar outra fotografía deles en Venezuela na prensa da época, concretamente en El Pueblo gallego do 3 de xuño de 1953.

Fotografía no bar de Avelino Cachafeiro. De dereita á esquerda: Enriqueta, Maduro e Carolina Fírvida, súa irmá.

No bar Changüí en Soutelo de Montes propiedade de Avelino Cachafeiro, coa gaita nesta fotografía. Tamén podemos ver a Bautista Alberte Fírvida á caixa e a Maduro e Avelino Alberte Fírvida aos acordeóns da dereita.

Dúas fotografías sacadas por Rubén Troitiño no seu taller de gaitas en Soutelo de Montes co punteiro que lle regalou no ano 2006.


VÍDEOS

Entrevista a José Fírvida Cachafeiro

Entrevista realizada pola Televisión de Galicia no ano 2009 na Festa do Gaiteiro de Soutelo (Soutelo de Montes – Forcarei) onde podemos escoitar de primeira man as súas vivencias con Avelino Cachafeiro Bugallo, o gaiteiro de Soutelo.

Os diplomáticos do acordeón

Popurrí Galego (programa Luar da Televisión de Galicia)

Fun ó viño a Ribadavia (programa Luar da Televisión de Galicia)

Pezas galegas (programa Luar da Televisión de Galicia)

La Década Prodigiosa e Os Diplomáticos do acordeón (programa Luar da Televisión de Galicia)

Foliada de Cachafeiro (programa Luar da Televisión de Galicia)


BIBLIOGRAFÍA

  • Arquivo persoal de Rubén Troitiño.
  • Campos Toimil, M. (2010). As bandas de música de Cerdedo. A. C. Os Abrentes de Cerdedo.
  • Fernandez, J. (2015). Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei. A Central Folque.
  • Revista. Homenaxe a José Fírvida, Maduro. Festas do San Roque 2010 Soutelo de Montes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s