Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego

VOLTAR ATRÁS

Nestra entrada poderedes atopar unha parte do repositorio dixital do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego das zonas de Cerdedo e Forcarei.

Compiladores:


CERDEDO

BARRO DE ARÉN 1
Dime a donde vas, morenita morena

Guillerme Inácio Costa (2005) (A Estrada). BARRO DE ARÉN 1 Dime a donde vas, morenita morena. [Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas] [Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas] [Castro Porto, Rosa, Rosa das Dieghas] [López Álvarez, Alsira, Alsira dos Carballeiros] [Martínez López, Felicitas, Feli da Helena] [Martínez López, María, María da Helena] [Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos]

Vídeo (Pandeireteiras de Barro 1)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (232MB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (127kB)

Resumo / Descrición

Este é o primeiro dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Compilador:Inácio Costa, Guillerme
Autor da recolla:Inácio Costa, Guillerme e Torrado, Valentín
Informante:Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas e Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas e Castro Porto, Rosa, Rosa das Dieghas e López Álvarez, Alsira, Alsira dos Carballeiros e Martínez López, Felicitas, Feli da Helena e Martínez López, María, María da Helena e Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos
Informantes / Grupo:Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación:A Estrada
Data de compilación:decembro 2005

Notas da recolla

Toma feita durante a gravación do CD das pandeireteiras de Barro de Arén, titulado “Cerdediño p’r’os amores” (A Estrada, Phonos, 2006).

Notas sobre os informantes

Esta é a listaxe cos nomes e apelidos das pandeireteiras de Barro de Arén, cos seus alcumes e ano de nacemento:
-Gumersinda Castro Porto, Ghumersinda das Dieghas. Barro 1927.
-Manuela Cortizo Medal, Manuela das Marianas. Cerdedo 1930 – 2018.
-Rosa Castro Porto, Rosa das Dieghas. Barro 1934.
-Alsira López Álvarez Alsira dos Carballeiros. Barro 1926 – 2018.
-Felicitas Martínez López, Feli da Helena. Barro 1932.
-María Martínez López, María da Helena. Barro 1939.
-Clara Ruzo Sueiro, Clara dos Ruzos. Meilide 1935.

Notas xerais

As informantes non refiren a orixe desta melodía concreta. Aprendérona das súas predecesoras, polo que o coñecen “dende sempre”.
Este tipo de repertorio con retrouso en castelán adoitamos asocialo aos mozos da contorna que ían traballar de canteiros ou a outro tipo de traballos fóra de Galiza, por exemplo a territorio leonés, e volvían con estes cantares que se gustaban axiña eran adaptados polas pandeireteiras para as súas Rúas.
Aparece no Cd das pandeireteiras de Barro de Arén titulado “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos, 2006). O seu contido está dispoñible na rede no enderezo
https://arquivostradicionais.wordpress.com/2016/11/17/pandereteiras-de-barro-de-aren/


BARRO DE ARÉN 2.
Na costa de Rebordelo

Guillerme Inácio Costa (2005) (A Estrada). BARRO DE ARÉN 2. Na costa de Rebordelo. [Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas] [Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas] [Castro Porto, Rosa, Rosa das Dieghas] [López Álvarez, Alsira, Alsira dos Carballeiros] [Martínez López, Felicitas, Feli da Helena] [Martínez López, María, María da Helena] [Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos]

Vídeo (Pandeireteiras de Barro 2)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (405MB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (124kB)

Resumo / Descrición

Este é o segundo dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Compilador:Inácio Costa, Guillerme
Autor da recolla:Inácio Costa, Guillerme
Informante:Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas e Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas e Castro Porto, Rosa, Rosa das Dieghas e López Álvarez, Alsira, Alsira dos Carballeiros e Martínez López, Felicitas, Feli da Helena e Martínez López, María, María da Helena e Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos
Informantes / Grupo:Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación:A Estrada
Data de compilación:decembro 2005

Notas da recolla

Toma feita durante a gravación do CD das pandeireteiras de Barro de Arén, titulado “Cerdediño p’r’os amores” (A Estrada, Estudio de Gravación Phonos, 2006).

Notas sobre os informantes

-Gumersinda Castro Porto, Ghumersinda das Dieghas. Barro 1927.
-Manuela Cortizo Medal, Manuela das Marianas. Cerdedo 1930 – 2018.
-Rosa Castro Porto, Rosa das Dieghas. Barro 1934.
-Alsira López Álvarez Alsira dos Carballeiros. Barro 1926 – 2018.
-Felicitas Martínez López, Feli da Helena. Barro 1932.
-María Martínez López, María da Helena. Barro 1939.
-Clara Ruzo Sueiro, Clara dos Ruzos. Meilide 1935.

Notas xerais

As informantes non refiren a orixe desta melodía concreta. Aprendérona das súas predecesoras, polo que o coñecen “dende sempre”.
Aparece no Cd das pandeireteiras de Barro de Arén titulado “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos, 2006). O seu contido está dispoñible na rede no enderezo
https://arquivostradicionais.wordpress.com/2016/11/17/pandereteiras-de-barro-de-aren/
Tamén está gravada polos pandeireteiros do Tear de Llerena no seu EP “A Jennifer” (autoedición 2005).


BARRO DE ARÉN 3
Ronda, Teño unha morena

Guillerme Inácio Costa (2005) (A Estrada). BARRO DE ARÉN 3 Ronda, Teño unha morena. [Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas] [Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas] [Castro Porto, Rosa, Rosa das Dieghas] [López Álvarez, Alsira, Alsira dos Carballeiros] [Martínez López, Felicitas, Feli da Helena] [Martínez López, María, María da Helena] [Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos]

Vídeo (Pandeireteiras de Barro 3)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (306MB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (131kB)

Resumo / Descrición

Este é o terceiro dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Compilador:Inácio Costa, Guillerme
Autor da recolla:Inácio Costa, Guillerme e Torrado, Valentín
Informante:Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas e Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas e Castro Porto, Rosa, Rosa das Dieghas e López Álvarez, Alsira, Alsira dos Carballeiros e Martínez López, Felicitas, Feli da Helena e Martínez López, María, María da Helena e Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos
Informantes / Grupo:Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación:A Estrada
Data de compilación:decembro 2005

Notas da recolla

Toma feita durante a gravación do CD das pandeireteiras de Barro de Arén, titulado “Cerdediño p’r’os amores” (A Estrada, Phonos, 2006).

Notas sobre os informantes

Esta é a listaxe cos nomes e apelidos das pandeireteiras de Barro de Arén, cos seus alcumes e ano de nacemento:
-Gumersinda Castro Porto, Ghumersinda das Dieghas. Barro 1927.
-Manuela Cortizo Medal, Manuela das Marianas. Cerdedo 1930 – 2018.
-Rosa Castro Porto, Rosa das Dieghas. Barro 1934.
-Alsira López Álvarez Alsira dos Carballeiros. Barro 1926 – 2018.
-Felicitas Martínez López, Feli da Helena. Barro 1932.
-María Martínez López, María da Helena. Barro 1939.
-Clara Ruzo Sueiro, Clara dos Ruzos. Meilide 1935.

Notas sobre a dixitalización

Técnico de vídeo: Valentín Torrado

Notas sobre a música

“Nos descansos ou ao voltar das labores no campo, as mulleres de Barro xuntábanse e cantaban rondas coma esta, xeralmente jotas ou valses que espían dese celme rítmico de baile para poderse recrear nas súas fermosas melodías. Unha boa maneira de apousar o espírito logo do duro traballo, e tamén de facerse sentir na contorna” (1).

(1) Guillerme Inácio Costa, “Cerdediño p’r’os amores” (Ed. Phonos 2006)

Notas xerais

As informantes non refiren a orixe desta melodía concreta. Aprendérona das súas predecesoras, polo que o coñecen “dende sempre”.
Aparece, cunha copla menos, no Cd das pandeireteiras de Barro de Arén titulado “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos, 2006). O seu contido está dispoñible na rede no enderezo
https://arquivostradicionais.wordpress.com/2016/11/17/pandereteiras-de-barro-de-aren/
Os “Diplomáticos do acordeón” de Forcarei teñen unha versión gravada, co título “Fun ao viño”.


BARRO DE ARÉN 4
Xota da Bouzana

Guillerme Inácio Costa (2005) (A Estrada). BARRO DE ARÉN 4. Xota da Bouzana. [Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas]

Vídeo (Pandeireteiras de Barro 4)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (219MB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (121kB)
Imaxe (Manuela das Marianas e Ghumersinda das Dieghas no ano 2005 (foto de Guillerme Inácio Costa)
Descargar (436kB)

Resumo / Descrición

Este é o cuarto dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Compilador:Inácio Costa, Guillerme
Autor da recolla:Inácio Costa, Guillerme e Torrado, Valentín e Outeiro, Xandre
Informante:Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas
Informantes / Grupo:Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación:A Estrada
Data de compilación:decembro 2005

Notas da recolla

Toma feita durante a gravación do CD das pandeireteiras de Barro de Arén, titulado “Cerdediño p’r’os amores” (A Estrada, Phonos, 2006).

Notas sobre os informantes

Gumersinda Castro Porto, coñecida polo seu alcume Ghumersinda das Dieghas, é unha das grandes informantes do lugar de Barro de Arén. Boa tocadora da pandeireta, cun estilo claro e un bo aplomo no tocar. Enorme coñecedora de cantighas e cantares, unha fonte enorme de saber malia a súa discreción durante as ruadas e xuntanzas que se teñen feito na aldea. Do único do que se aqueixaba era da súa voz, que chegando aos oitenta anos xa non lle respostaba como ela quería, aínda que á vista está que mantiña unha magnífica calidade dada a súa idade.
Naceu no ano 1927 e no momento da recollida contaba con 78 anos.

Notas sobre a dixitalización

Técnico de audio: Valentín Torrado
Técnico de vídeo: Xandre Outeiro

Notas sobre a música

Xota estrófica, ao xeito antigo, onde quixemos que Ghumersinda das Dieghas deixara constancia do seu bo cantar e do seu dominio da pandeireta, cun estilo exemplar do tocar en Barro de Arén. A orixe do nome que lle dan a esta xota explícase no propio Cd:
“[Esta] jota botábaa habitualmente nas Rúas de pandeireta Carme Bouzán, “A Bouzana”, veciña de Barro nacida a finais do Século XIX.” (1).

(1) Guillerme Inácio Costa, “Cerdediño p’r’os amores” (Ed. Phonos 2006)

A peza aparece no Cd das pandeireteiras de Barro de Arén titulado “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos, 2006). O seu contido está dispoñible na rede no enderezo
https://arquivostradicionais.wordpress.com/2016/11/17/pandereteiras-de-barro-de-aren/


BARRO DE ARÉN 5
Con once maridos he sido casada

Guillerme Inácio Costa (2006) (A Estrada). BARRO DE ARÉN 5. Con once maridos he sido casada. [Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas]

Vídeo (Pandeireteiras de Barro 5)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (119MB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (120kB)
Imaxe (Manuela das Marianas e Ghumersinda das Dieghas no ano 2005 (foto de Guillerme Inácio Costa)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (436kB)

Resumo / Descrición

Este é o quinto dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Compilador:Inácio Costa, Guillerme
Autor da recolla:Inácio Costa, Guillerme e Torrado, Valentín e Outeiro, Xandre
Informante:Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas
Informantes / Grupo:Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación:A Estrada
Data de compilación:xaneiro 2006

Notas da recolla

Toma feita durante a gravación do CD das pandeireteiras de Barro de Arén, titulado “Cerdediño p’r’os amores” (A Estrada, Phonos, 2006).

Notas sobre os informantes

Gumersinda Castro Porto, coñecida polo seu alcume Ghumersinda das Dieghas, é unha das grandes informantes do lugar de Barro de Arén. Boa tocadora da pandeireta, cun estilo claro e un bo aplomo no tocar. Enorme coñecedora de cantighas e cantares, unha fonte enorme de saber malia a súa discreción durante as ruadas e xuntanzas que se teñen feito na aldea. Do único do que se aqueixaba era da súa voz, que chegando aos oitenta anos xa non lle respostaba como ela quería, aínda que á vista está que mantiña unha magnífica calidade dada a súa idade.
Naceu no ano 1927 e no momento da recollida contaba con 78 anos.

Notas sobre a dixitalización

Técnico de audio: Valentín Torrado
Técnico de video: Xandre Outeiro

Notas sobre a música

“[Esta] muiñeira aprendeuna Gumersinda dunha súa prima do lugar.” (1).

(1) Guillerme Inácio Costa, “Cerdediño p’r’os amores” (Ed. Phonos 2006)

O audio completo da toma aparece no Cd das Pandeireteiras de Barro de Arén titulado “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos, 2006). O seu contido está dispoñible na rede no enderezo
https://arquivostradicionais.wordpress.com/2016/11/17/pandereteiras-de-barro-de-aren/


BARRO DE ARÉN 6
Palmira

Guillerme Inácio Costa (2006) (A Estrada). BARRO DE ARÉN 6. Palmira. [Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas] [Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas]

Vídeo (Pandeireteiras de Barro 6)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (81MB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (119kB)

Resumo / Descrición

Este é o sexto dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Compilador:Inácio Costa, Guillerme
Autor da recolla:Inácio Costa, Guillerme e Torrado, Valentín e Outeiro, Xandre
Informante:Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas e Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas
Informantes / Grupo:Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación:A Estrada
Data de compilación:xaneiro 2006

Notas da recolla

Toma feita durante a gravación do CD das pandeireteiras de Barro de Arén, titulado “Cerdediño p’r’os amores” (A Estrada, Phonos, 2006).

Notas sobre os informantes

Manuela das Marianas (Manuela Cortizo Medal, Cerdedo, 1930 – 2018) e Ghumersinda das Dieghas (Gumersinda Castro Porto, Barro, 1927) xa foran compañeiras tocando xuntas nas Rúas da súa mocidade.

Notas sobre a dixitalización

Técnico de vídeo: Valentín Torrado
Técnico de vídeo: Xandre Outeiro

Notas sobre a música

“ O tao-tao (chamado noutros lugares cercanos danza, baile do medio, tarrán tan tan etc.), é un baile agarrado do que conservaron en Barro pouco máis ca este cantar, a arquifamosa Palmira. O nome deste ritmo (tao-tao) podemos adiviñar que vén do son que producen as pandeiretas ao acompañalo.”
(1) Guillerme Inácio Costa, “Cerdediño p’r’os amores” (Ed. Phonos 2006)

Aparece no Cd das pandeireteiras de Barro de Arén titulado “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos, 2006). O seu contido está dispoñible na rede no enderezo
https://arquivostradicionais.wordpress.com/2016/11/17/pandereteiras-de-barro-de-aren/


BARRO DE ARÉN 7

Guillerme Inácio Costa (2005) (Cerdedo – Cotobade). BARRO DE ARÉN 7. [Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas] [Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas] [Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos]

Vídeo (Pandeireteiras de Barro 7)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (158MB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (119kB)

Resumo / Descrición

Este é o sétimo dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Compilador:Inácio Costa, Guillerme e Outeiro, Xandre e González, Marcelo
Autor da recolla:Inácio Costa, Guillerme e Outeiro, Xandre e González, Marcelo
Informante:Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas e Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas e Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos
Informantes / Grupo:Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación:Cerdedo – Cotobade – Cerdedo – Barro de Arén
Data de compilación:22 outubro 2005

Notas da recolla

Xuntanza na casa de Manuela Cortizo.

Esta peza integra o fondo da Asociación Cultural para a Recolleita e Difusión da Música Tradicional Galega O Tear de Llerena

Notas sobre os informantes

Gumersinda Castro Porto (coñecida como Ghumersinda das Dieghas, Barro 1927) e Manuela Cortizo Medal (coñecida como Manuela das Marianas, Cerdedo 1930 – 2018) xa foran compañeiras tocando xuntas nas Rúas da súa mocidade. Acompáñaas Clara Ruzo Sueiro (coñecida como Clara dos Ruzos, 1935), da veciña Meilide, tocadora que se uniu a elas cando se xuntaron como “Pandeireteiras de Barro de Arén”.

Notas sobre a música

Xota clásica de Barro de Arén, versión estándar da xota na aldea. É un dos poucos tons estróficos que atopamos para a xota en Barro, onde gustan de cantalas con retrouso.


BARRO DE ARÉN 8
Muiñeira ai la la lara

Guillerme Inácio Costa (2005) (Cerdedo – Cotobade). BARRO DE ARÉN 8. Muiñeira ai la la lara. [Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas] [Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas] [Camiña Pena, Delmira, Delmira da Brasileira]

Vídeo (Pandeireteiras de Barro 8)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (326MB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (124kB)

Resumo / Descrición

Este é o oitavo dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Compilador:Inácio Costa, Guillerme e Outeiro, Xandre e González, Marcelo
Autor da recolla:Inácio Costa, Guillerme e Outeiro, Xandre e González, Marcelo
Informante:Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas e Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas e Camiña Pena, Delmira, Delmira da Brasileira
Informantes / Grupo:Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación:Cerdedo – Cotobade – Cerdedo – Barro de Arén
Data de compilación:22 outubro 2005

Notas da recolla

Xuntanza na casa de Manuela Cortizo.

Esta peza integra o fondo da Asociación Cultural para a Recolleita e Difusión da Música Tradicional Galega O Tear de Llerena

Notas sobre os informantes

Gumersinda Castro Porto (coñecida como Ghumersinda das Dieghas, Barro 1927) e Manuela Cortizo Medal (coñecida como Manuela das Marianas, Cerdedo 1930 – 2018) xa foran compañeiras tocando xuntas nas Rúas da súa mocidade.
A bailadora é Delmira Camiña Pena (Barro, 1915 – 2011), coñecida polo alcume de Delmira da Brasileira

Notas xerais

Bailan Marcelo González e máis Delmira Camiña Pena (coñecida polo alcume de Delmira da Brasileira), veterana bailadora tamén protagonista no Alalá de Barro de Arén https://www.youtube.com/watch?v=8B15-EAtYcc.
Esta melodía non aparece no seu Cd “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos 2006).


BARRO DE ARÉN 9
Anda resalá

Guillerme Inácio Costa (2005) (Cerdedo – Cotobade). BARRO DE ARÉN 9. Anda resalá. [Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas] [Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas] [Castro Porto, Rosa, Rosa das Dieghas] [Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos] [Álvarez Sieiro, José, Pepito de Codeso]

Vídeo (Pandeireteiras de Barro 9)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (194MB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (120kB)

Resumo / Descrición

Este é o noveno dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Compilador:Inácio Costa, Guillerme
Autor da recolla:Inácio Costa, Guillerme e Carballo Penelas, Daniel
Informante:Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas e Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas e Castro Porto, Rosa, Rosa das Dieghas e Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos e Álvarez Sieiro, José, Pepito de Codeso
Informantes / Grupo:Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación:Cerdedo – Cotobade – Cerdedo – Barro de Arén
Data de compilación:5 novembro 2005

Notas da recolla

Xuntanza no “teleclú” de Barro de Arén con motivo do II Encontro de pandeireta galega e asturiana. Exemplo das múltiples Rúas que se fixeron neste pequeno local onde as pandeireteiras de Barro compartían con quen quixera os enormes saberes arredor da tradición na súa aldea que gardaban e aínda gardan.

Notas sobre os informantes

Estes son os datos sobre as/ os informantes que aparecen no vídeo; nome e apelidos, alcume e data e lugar de nacemento:
– Gumersinda Castro Porto, Ghumersinda das Dieghas. Barro 1927.
– Manuela Cortizo Medal, Manuela das Marianas. Cerdedo 1930 – 2018.
– Rosa Castro Porto, Rosa das Dieghas. Barro 1934.
– Clara Ruzo Sueiro, Clara dos Ruzos. Meilide 1935
– José Álvarez Sieiro, Pepito de Codeso. Barro de Arén, 1923 – 2008

Notas sobre a dixitalización

Vídeo de Daniel Carballo Penelas

Notas sobre a música

Pasodobre empregado para o baile nas Rúas de Barro de Arén. Enténdese de orixe castelá pola lingua do retrouso e mesmo por facer referencia ao río Manzanares. É dos pasodobres preferidos destas tocadoras.

Acompaña Pepito, home de Manuela, coa pandeireta. Malia ir ás Rúas de novo, aprendeu a tocala cando as pandeireteiras decidiron formar o grupo, a comezos dos anos 2000. Chama a atención o seu estilo improvisado no pasodobre, que atribuímos máis á súa cretividade que á tradición da pandeireta na zona.


BARRO DE ARÉN 10
Cantar do arrieiro

Guillerme Inácio Costa (2005) (Cerdedo – Cotobade). BARRO DE ARÉN 10. Cantar do arrieiro. [Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas]

Vídeo (Pandeireteiras de Barro 10)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (468MB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (123kB)

Resumo / Descrición

Este é o décimo e último dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Compilador:Inácio Costa, Guillerme
Autor da recolla:Inácio Costa, Guillerme e Carballo Penelas, Daniel
Informante:Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas
Informantes / Grupo:Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación:Cerdedo – Cotobade – Cerdedo – Barro de Arén
Data de compilación:5 novembro 2005

Notas da recolla

Toma feita durante a gravación do CD das pandeireteiras de Barro de Arén, titulado “Cerdediño p’r’os amores” (A Estrada, Phonos, 2006).

Notas sobre os informantes

Manuela, coñecida como Manuela das Marianas, foi unha grandísima informante, boa pandeireteira e enorme cantadeira, cunha memoria prodixiosa e unha ansia infinita por transmitir os cantares e cantigas que sabía por herdanza cultural. Así o contaba ela mesma nunha entrevista para a Radio Galega con motivo da edición do Cd das Pandeireteiras de Barro de Arén no ano 2006:

“Eu xa son, doume Dios dunha forma, que eu se non estou aleghre, e se non canto, e non fagho destas cousas, eu pa min non é vivir. Eu desperto de noite, e como estou pra lle xuntar, pra lle dar cousas novas, anque sean as tres da mañán eu levántome e xa escribo a copla, non sea que se me pasen…”

Ademais do Cd mencionado (“Cerdediño p’r’os amores”, Ed. Phonos 2006), Manuela ten adicadas dúas publicacións monográficas á súa figura:
-Carlos Solla Varela, 2008: “Cantares de Manuela de Barro”.
-Xosé Lois Foxo, 2012: “Cantareira de Barro de Arén”.

Notas sobre a música

“Manuela aprendeu este fermoso cantar do seu pai, que aprendera á súa vez dos arrieiros que pasaban pola Terra de Montes cando levaban nas súas mulas o viño do Ribeiro cara a Pontevedra. O retrouso engadiullo ela recentemente, polo simple feito de que lle acaía ben.” (1).

(1) Guillerme Inácio Costa, “Cerdediño p’r’os amores” (Ed. Phonos 2006)

Notas xerais

Esta peza aparece no Cd das pandeireteiras de Barro de Arén titulado “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos, 2006). O seu contido está dispoñible na rede no enderezo
https://arquivostradicionais.wordpress.com/2016/11/17/pandereteiras-de-barro-de-aren/
Tamén aparece no Alalá adicado a Barro de Arén en 2006: Alalá de Barro de Arén https://www.youtube.com/watch?v=8B15-EAtYcc.


Ano novo con ben veña

Xosé Luís Rivas (Mini) (1978) (Cerdedo – Cotobade). Ano novo con ben veña. [Marina]

Audio
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (675kB)
Texto (Partitura)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (167kB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (150kB)
Compilador:Rivas, Xosé Luís
Informante:Marina
Lugar de compilación:Cerdedo – Cotobade – Tomonde
Data de compilación:1978

Notas da recolla

Saían canta-los Reis cuns saións moi antigos que xa pertenceran ós seus avós. Saia de raso.
Os nenos pequenos eran quen cantaban os Aninovos, e de quince anos pra riba, cantaban os Reis.
Disfrazábanse pra canta-los Reis. Chamábanlle A Mázcara a ir cantaren os Reis. En moitas zonas do sur de Galicia os grupos de Reis vístense con moito colorido e estrafalariamente só que a diferenza do Antroido, neste tempo non usan máscaras para cubrir a cara.


FORCAREI

Fixen a cama no río

Xosé Luís Rivas (Mini) (1980) (Forcarei). Fixen a cama no río. [, José “da Casa de Baixo”] [, Herminia]

Audio (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (2MB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (189kB)
Compilador:Rivas, Xosé Luís
Informante:, José “da Casa de Baixo” e , Herminia
Lugar de compilación:Forcarei – Millarada – Berrozo
Data de compilación:15 abril 1980

Notas sobre a transcrición do texto

O último verso da 1ª copla é un eufemismo de: i aghora mándote á merda

A 2ª copla remataría así:
bótame das máis grandiñas
que ás pequenas non me baixo.
É moi utilizado este xeito de facer que unha copla coñecida por todos teña un remate sin sentido, para provocar a risa (N. do C.).


La hermana cautiva

Xosé Luís Rivas (Mini) (1983) (Forcarei). La hermana cautiva. [Gil Cendón, Rosa]

Audio
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (2MB)
Texto (Partitura)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (199kB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (143kB)
Compilador:Rivas, Xosé Luís
Informante:Gil Cendón, Rosa
Lugar de compilación:Forcarei – Soutelo de Montes – Magdalena, A
Data de compilación:3 maio 1983

En el centro, larentro

Xosé Luís Rivas (Mini) (1983) (Forcarei). En el centro, larentro. [Portos, Dolores]

Audio
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (1MB)
Texto (Partitura)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (196kB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (125kB)
Compilador:Rivas, Xosé Luís
Informante:Portos, Dolores
Lugar de compilación:Forcarei – Soutelo de Montes – Magdalena, A
Data de compilación:3 maio 1983

Caminito, caminito

Xosé Luís Rivas (Mini) (1983) (Forcarei). Caminito, caminito. [Portos, Dolores]

Audio
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (1MB)
Texto (Partitura)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (170kB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (120kB)
Compilador:Rivas, Xosé Luís
Informante:Portos, Dolores
Lugar de compilación:Forcarei – Soutelo de Montes – Magdalena, A
Data de compilación:3 maio 1983

Notas sobre o texto

Noutras versións da letra, en lugar de “Manuel” din ”mi bien”.

Notas xerais

Nota do compilador: É moi posible que este cantar de corte a todas luces castellano fose introducido en Galicia tardíamente. De todos xeitos está moi extendido.


A Belén camina

Xosé Luís Rivas (Mini) (1983) (Forcarei). A Belén camina. [Portos, Dolores]

Audio
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (3MB)
Texto (Partitura)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (225kB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (146kB)
Compilador:Rivas, Xosé Luís
Informante:Portos, Dolores
Lugar de compilación:Forcarei – Soutelo de Montes – Magdalena, A
Data de compilación:3 maio 1983

Notas sobre a transcrición da música

Se non lles daban o aguinaldo cantaban outra melodía, que está situada debaixo da principal.


Ahí vienen los Reyes

Xosé Luís Rivas (Mini) (1983) (Forcarei). Ahí vienen los Reyes. [Portos, Dolores]

Audio
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (3MB)
Texto (Partitura)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (221kB)
Texto (Letra)
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.
Descargar (126kB)
Compilador:Rivas, Xosé Luís
Informante:Portos, Dolores
Lugar de compilación:Forcarei – Soutelo de Montes – Magdalena, A
Data de compilación:3 maio 1983

Museo do Pobo Galego: Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Santiago de Compostela. http://apoi.museodopobo.gal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s