Quero compartir con vós os discos de pizarra que teño na miña colección adicada ao cuarteto Os Gaiteiros de Soutelo. Das doce pezas que gravaron e editaron e discos de pizarra hai dúas que se me resisten: Fandango de Pontevedra e Muiñeira de Chantada.
Poderedes observar que un dos discos está editado pola casa Regal e os outros por Columbia. Tamén é curioso que os que están repetidos son de edicións diferentes xa que a cor e o tipo de letra son diferentes.
Foliada de Barro de Areu* – Foliada de Barro de Arén