Oscar Ibáñez

VOLTAR ATRÁS

Oscar IbáñezNado en Pontevedra en 1976. Mestre en Educación Musical, Especialista Universitario en Música Tradicional Galega, Especialista Universitario en Arquivística, posúe o título de Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega e cursou estudos oficiais de frauta de bico.

Dende 2004 traballa no Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra onde foi quen de reunir unha colección de 8.000 gravacións sonoras galegas que están a disposición dos cidadáns para a súa consulta.

Colaboracións con Oscar Ibáñez


Espectáculo Aires de Pontevedra, homenaxe a Ricardo Portela

Espectáculo Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela para pechar os actos conmemorativos do 25 aniversario pasamento. 27 de xaneiro de 2018 no Teatro Principal de Pontevedra e o 3 de febreiro no Auditorio de Cerdedo-Cotobade. Promoven Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Concello de Pontevedra e Concello de Cerdedo-Cotobade.

Oscar Ibáñez, Fernando Fraga Traba, Ioana Perez, Carlos Calviño, Paco Dicenta e Andrés Vilán Colaboradores: Anxo Pintos, Begoña Riobó, Xosé Liz, Marcos Campos, Chuco Estévez González, Miguel Souto, Wenceslao Cabezas “Polo”, Carla Villanueva Rodríguez, Álvaro Novegil Pintor Alvarellos, José Luis Lema, gaiteiros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín, José Campos, Miguel Fraguas Miguel Tenorio, Rubén Troitiño, Laura Garcia Couto, Maria Vidal Sabaris, Bailadores do Fiadeiro, Bailadores da A.F. Celme, Compañía de Danza Contemporánea Jesús Quiroga).


Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó

Sábado 19 de decembro na ACF O Fiadeiro tivo lugar a presentación da colección de libros Chave Mestra con especial atención ao último número sobre Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó. Neste acto estiveron presentes Ramón Pinheiro Almuinha, director artístico d’aCentral Folque e coordinador da edición; o musicólogo Xavier Groba; e Óscar Ibáñez, coautor do libro sobre Tilve.Nesta presentación tiven a honra de poder acompañar a Óscar Ibáñez co tambor que interpretou algúns temas coa gaita orixinal de Manuel Villanueva, unha xoia organolóxica do século XIX, gaita tombal que pertenceu ao propio Xoán Tilve.

Fotografía e vídeo: Miguel Souto || Gaita: Oscar Ibáñez || Tambor: Rubén Troitiño || Bombo: Martín González

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s