Baixo o nome de ChisPún! Estudio está un dos lugares de traballo de Rubén Troitiño adicado tanto á autoprodución de pequenos proxectos coma da edición dos mesmos e de terceiros.
A continuación móstranse uns vídeos do material realizado neste laboratorio de ideas audiovisuaise musicais.
Danza de Cambados – Carlos Estévez
Carlos Estévez presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega, compostas e gravadas polo propio gaiteiro vigués. Ton e Son Editorial e ChisPún! Estudio produciron esta nova publicación en formato libro/CD, incluíndo transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista.
No CD podemos atopar unha selección de 12 temas, dos 20 que presenta o libro, gravados íntegramente por Carlos Estévez.
Unha insignificante muiñeira – Cristian Silva
Cristian Silva, músico sobradamente coñecido no múndo da música tradicional, presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega (+1), compostas e gravadas polo propio gaiteiro carrilense. Ton e Son Editorial dalle forma a esta publicación en formato libro/CD, tercceira da colección. Están incluídas as transcricións das pezas para dúo, tío de gaitas e solista. Moitas delas inclúen os cifrados para ser acompañadas con outro tipo de instrumentación.
No CD podemos atopar unha selección de 5 temas, dos 20 (+1) que presenta o libro, gravados íntegramente por Cristian Silva.
Muiñeira do mestre – XurxoJachía
Xurxo García, máis coñecido como XurxoJachía presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega, compostas e gravadas polo propio gaiteiro de San Andrés de Comesaña e o seu grupo GaitaCia. Ton e Son Editorial e ChisPún! Estudios produciron esta nova publicación en formato libro/CD, incluindo transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista.
No CD podemos atopar unha selección de 12 temas, dos 20 que presenta o libro, gravados ao Vivo por Rubén Troitiño.
Xota de Baiona – Abóbriga
O novo disco do grupo Abóbriga, que leva por título Non hai fallo, xa está a venda dende finais do mes de outubro deste 2019. O disco, gravado en ChisPún! Estudios conta con 16 temas dos cales 11 son cantados, ademáis de un amplo repertorio de composicións propias do grupo.
O Marisquiño’17
RK Signature
Korporis GYM
Missa Brevis – Jacob de Haan
Missa Brevis de Jacob de Haan – Kyrie (1º Movemento)
Interpretada na Igrexa Ex-Colexiata Santa Maria de Baiona, o pasado día 14 de maio de 2017, pola Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar, Coro Miñoca ma non toppo, e a Banda de música e coral polifónica Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia.
O vivir en Vigo – Pelepau
Vídeo gravado o sábado 8 de xullo no festival Costa dos Castros – Festival cultural de música e patrimonio onde participou o grupo Pelepau.