Os Gaiteiros de Soutelo

Biografía da Galipedia (Wikipedia en galego)

O iniciador desta saga de músicos populares orixinarios de Soutelo de Montes foi o pai dos gaiteiros que, xunto aos seus fillos, adoitaba amenizar os días grandes das festas da época, xa que era un grupo inusualmente grande e que xa contaba cunha grande sona naquela Terra de Montes. Introducía outras novidades: incorporaba unha muller coma cantante, a irmá. A presenza dunha muller nos grupos musicais non era habitual aló polo 1925.

Os compoñentes eran Avelino Cachafeiro -director, compositor e a alma do grupo-, os seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e redobrante), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se xuntaba a eles para tocar o pandeiro.

En 1928 gravaron a “Muiñeira de Chantada”, a “Alborada de Rosalía”, a “muiñeira de Pontesampaio”, “Fandango de Pontevedra”, “Marcha do Corpus”, “Viva Barriño de Arén”, “Eicho de dar queridiña”, “Foliada de Luxán”, “Foliada Rianxeira”, “Estróupele-Estróupele”, “Farruquiña chaman a porta”, a “Muiñeira de Ourense” e o pasacorredoira “A volta da festa”.

Un dos fitos máis importantes foi a súa presentación no Teatro Avenida de Buenos Aires o 28 de febreiro de 1930, onde actuaron con decorados deseñados por Castelao e Camilo Díaz.

Os Gaiteiros de Soutelo percorreron toda Galiza, así como Buenos AiresMontevideo e Brasil, ata que o comezo da guerra civil española esfarelou o grupo: sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron volver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.

Bautista morrera no 1933, Castor emigrou a Venezuela, onde ensinou a tocar na Escola de Gaitas da Irmandade Galega de Caracas e Avelino, cuxo único fillo morreu ao nacer, deixou de tocar a gaita.


Fotografías


Onde escoitalos?

Descargar cancións en MP3

Fonte: Concello de Forcarei (forcarei.net)

  1. Foliada de Barro de Arén
  2. La Alfonsina. Muiñeira
  3. Eicho de dar queridiña. Foliada
  4. A volta da Festa. Pasacalles
  5. Estroupele-troupele. Muiñeira
  6. Foliada Rías Baixas
  7. Fandango de Pontevedra
  8. Muiñeira de Chantada
  9. Foliada de Luxán
  10. Farruquiña, chaman á porta. Muiñeira
  11. Foliada de Tenorio
  12. Alborada de Rosalía de Castro

Youtube: Os gaiteiros de Soutelo
Enlace Spotify: Os gaiteiros de Soutelo

Información da páxina web de Ouvirmos:
Descargar PDF do disco: PDF – Os Gaiteiros de Soutelo

Os Gaiteiros de Soutelo: Terra de Montes

Si hay unos gaiteros legendarios en Galicia esos son Os Gaiteiros de Soutelo de Montes (1919-1936), y muy particularmente, su líder, Avelino Cachafeiro.

Esta es la primera vez que se compilan la totalidad de sus registros sonoros realizados en Ourense en 1928, entre los que se encuentra la primera grabación de la popular Muiñeira de Chantada.

Os Gaiteiros de Soutelo se consideran el máximo exponente del tradicional cuarteto de gaitas, así como un referente estético y musical para las generaciones de gaiteros posteriores.

Ficha Técnica

Título: 
Terra de Montes
Autor: 
Juanjo Fernández
Colección
A Tiracolo
Data de publicación: 
1 de noviembre de 2005
Número de páxinas: 
20
Formato
Disco Libro
ISBN: 
——
Cliente: 
Concello de Forcarei
Referencia Ouvirmos: 
VR0108

Enlace: Ouvirmos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s