Dúas novas publicacións de Ton e Son Editorial

Novas publicacións! Outras dúas saen do forno… Ton e Son Editorial apostando polas nosas músicas.

A partir de hoxe xa podedes encargar as novidades deste ano a través da páxina web de Ton e Son Editorial da colección “20 pezas para gaita galega”: www.toneson.com


Entre Fusco e Lusco

O músico vigués Rafa Crespo, presenta o quinto libro/CD da colección “20 pezas para gaita galega”. Neste caso, conta tamén co habitual equipo de colaboradores de Ton e Son Editorial: Rubén Troitiño (ChisPún!Estudio), Alberto Costas e Xavier Balsas.

Trátase dunha recompilación de pezas compostas polo propio Rafa Crespo. Transcritas para gaita solista, dúo, trío ou con acompañamento de outros intrumentos (piano, clarinete ou saxo). Algunhas preséntanse con cifrado harmónico para ser acompañadas con outro tipo de instrumentos.

No CD podemos atopar unha selección de 8 temas, dos 20 que presenta o libro, gravados por Rafa Crespo, Xacobe Bobillo e Xurxo Gándara.


Colleita propia

Dende o Morrazo chéganos esta colección de 20 pezas, compostas e gravadas polo propio gaiteiro Pablo F. Rial. Ton e Son Editorial e ChisPún! Estudio dan vida a esta nova publicación en formato libro/CD, incluindo transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista.

No CD podemos atopar unha selección de 8 temas, dos 20 que presenta o libro, gravados ao Vivo por Rubén Troitiño. Colaboran: Serafín Santos, Rodri Martínez, Marina F. Vigo, Xenxo Ortega e Xosé Pumar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s