Muiñeira Chispún! – Isidro Vidal

Isidro Vidal – #composición365

Baixo o título de #composicion365 escóndese este proxecto no que tódolos días do 2018 Isidro Vidal escribe unha obra musical. Publícanse de forma gratuíta a través sa súa páxina web (isidrovidal.com) e a través das súas redes sociais, co obxectivo de mellorar coma compositor dentro de tódolos ámbitos posibles para gaita de fol, crear repertorio didáctico para o alumnado e aumentar o repertorio do noso instrumento.

Calqueira persoa é libre de compartir e interpretar estas obras, sempre que se respete a autoría. Pódese facer arranxos, versións, ou interpretalas coma se publican, pero non hai que olvidar que é música, e o seu fin é o disfrute e despertar emocións.

O pasado xoves 20 de decembro publicou a “Muiñeira Chispún!”  adicándoma, é por iso que vola deixo por aquí para que a poidades descargar.

Descargar: Muiñeira Chispún! – Isidro Vidal


Isidro Vidal:

IV.jpg

WEB

FACEBOOK INSTAGRAM TWITTER

YOUTUBE

Isidro Vidal é un músico e compositor formado en Gaita Galega polo Conservatorio Mayéusis de Vigo, en Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia e en Etnomusicoloxía polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Ten realizado cursos de diversos instrumentos como frauta, clarinete, percusión e guitarrra, e asistiu tamén a cursos de composición, musicoloxía e luthería de instrumentos tradicionais.

Como gaiteiro ten realizado xiras por países como España, Portugal, Reino Unido, Francia, Italia, Alemaña, República Checa e Estados Unidos, acumulando numerosos premios e participando nunha ducia de traballos discográficos e editoriais. Isto levouno a compartir escenarios con artistas da talla de Carlos Núñez, Hevia, Budiño, National Young Pipe Band, Jean Pierre Van Hees, Cristina Pato, Coral de Ruada,… Dende hai tempo vén creando contido audiovisual en Youtube para a súa canle e colaborando na do músico Argentino Santigaitero (Santiago Molina). Sobre este tema realizou un relatorio musicolóxico no ciclo de relatorios “Os Pentagramas Ocultos” en marzo de 2017.

Como guitarrista ten realizado xiras por toda a xeografía española e portuguesa, con grupos como Cervan ou Habitación Vudú, con quen ten publicados varios traballos discográficos, e compartiu cartel con grupos como Niños Mutantes, La Unión ou The Gift.

A súa actividade artística compaxínaa coa de docente, impartindo clases de gaita de fol e percusión tradicional na Escola de Gaitas do Carballiño, Agrupación Musical de Boborás, Academia Tempo 118 de Ourense e na Escola de Música Municipal do Porriño.

Neste 2018 puxo en marcha o proxecto #composicion365, no cal compón e comparte diariamente unha obra musical en redes sociais de forma gratuíta. No que vai de ano xa superou as 150 obras e máis de 30 mil descargas, e algunhas das pezas foron interpretadas mesmo por gaiteiros de fóra das nosas fronteiras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s