serandosamain18.jpg

O próximo mércores 31 de outubro a partir das 19.00 terá lugar diante do mercado do Calvario o Serán do Samaín.

Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.

Teremos festa ata ás 23.30, repartiremos chocolate e rosca para todos os asistentes

Este ano contaremos co “Cuarteto tradicional de Lembrazas Galegas”, “Grupo Pandereteiras Chorouvía da AVCD de Cabral”, “Grupo de gaitas choran as pedras” e as agrupacións de O Fiadeiro entre outros.

Teremos talleres para nenos organizados por Koremi e Troula durante toda a tarde.

Agradecementos ó Concello de Vigo por confiar un ano mais na Asociación O Fiadeiro para organizar o evento.

Esperámosvos para pasar unha tarde/noite de medo.

ACF O Fiadeiro

Advertisements