O pasado sábado 27 de outubro celebrouse en Soutelo de Montes (Forcarei) a homenaxe a Avelino Alberte Fírvida, sobriño de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo.

Polos anos 80, Avelino Alberte, quixo facer soar outra vez a gaita na terra do gaiteiro, formando a catro rapaces para formar un cuarteto de gaitas, o que deu forma co paso do tempo a un grupo de gaitas, “Os gaiteiros de Soutelo”, que contaba cun grupo de baile chamado “Coros e Danzas da Terra de Montes”. Todo isto formado por rapazas e rapaces de Soutelo e da contorna. Dito grupo desfíxose no ano 2000.

Ademáis, foi o que iniciou a xa máis que coñecida “Festa do Gaiteiro” na mesma vila, festa que aínda na actualidade mantense viva grazas á Asociación Socio-Cultural O Can de San Roque.

É por iso que Rubén Troitiño decidiu facerlle unha homenaxe a Avelino Alberte, xuntando a todos os seus alumnos do grupo de gaitas (Abraham Casal, Francisco Varela, Ramiro Alberte, Óscar Antelo, Juan Fírvida, Jose M. Rivas, Diego Rivas, Miguel Viéitez, Jorge Viéitez, Andrés Rodríguez, Manuel Ángel Gil, Jose Manuel Álvarez, Andrés Porto, Jose Doval, Antonio Bugallo, Paulo Vicente e Jaime Darriba) onde tamén se sumaron catro grupos: as pandereteiras Rebuldeiras de Soutelo de Montes, o grupo de gaitas da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo, as pandereteiras do Val de Quireza e Seitura de Pontevedra.

[ver máis fotografías]

O que ía ser unha pequena xuntanza do grupo de gaitas acabou nunha xuntanza de catro grupos, xente que por un motivo ou outro quixo darlle as grazas por todo o traballo feito. Como fin de festa pechouse o acto cunha ruada de libre participación.


Colaboraron nesta homenaxe:

Pandereteiras Rebuldeiras, A. C. Os Abrentes de Cerdedo, Pandereteir@s do Val de Quireza, Seitura de Pontevedra, Asociación Socio-Cultural O Can de San Roque e CEIP Soutelo de Montes (Forcarei).

 

Advertisements